#GONDOMAR NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA "DESCOBRE GONDOMAR"

O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Turismo, desenvolverá durante o mes de agosto unha nova edición deste programa de roteiros guiados na que se achegará aos participantes a distintos puntos de interese que existen no municipio.

Será precisa a reserva de praza previa a través do correo [email protected]concellodegondomar.gal ou no teléfono 678 874 985. Os grupos serán de 25 persoas e as prazas asignaránse por orde de solicitude.

“Descobre Gondomar” arrincará ás 11.00 da mañá este próximo xoves, día 13 de agosto, cunha visita guiada por Gondomar, partindo da Praza Paradela, ata o acceso do Pazo do Conde, roteiro que se repetirá os días 18 e 25 de agosto.

O programa este ano completarase cun percorrido en torno á marxe do río Miñor que se desenvolverán os días 20, 24 e 27 de agosto, que dará a oportunidade a quen se some a esta camiñada de coñecer e contemplar as pezas etnográficas e paraxes naturais da contorna. ...leer más...

#GONDOMAR CLAUSURA DO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CÓMICS

Os cativos e cativas que participaron no obradoiro de creación de cómics, organizado pola concellería de Xuventude, despedíronse hoxe desta iniciativa amosando a súa calidade como artistas e a madeira que teñen como futuros/as ilustradores gráficos.

Durante unha semana aprenderon as nocións básicas para dar forma ás historias que querían plasmar nas viñetas e convertilas en divertidos e orixinais cómics que esta mañá amosaron durante a clausura do obradoiro.

A iniciativa forma parte das actividades que nos meses de xullo e agosto organizáronse dende o goberno pensando en dar alternativas a mocidade axustándose sempre ás normas que rixen na chamada «nova normalidade».

Te adjunto fotos (en cabecera la del grupo) El resto si quieres añadirlas todas al final perfecto, o si no un par de ellas. ...leer más...

#GONDOMAR NOVA CITA COA CULTURA EN GONDOMAR

Todo preparado xa para gozar dunha nova fin de semana en Gondomar de espectáculos de música, teatro e cine. O programa “Cultura de verán” encherá de novo a Praza da Paradela de música e teatro. Este venres a partir das 22.00 horas podermos bailar ao son dos temas de rock do grupo local “The Riggos”, e o sábado, día 8, turno para o teatro familiar coa representación da obra “Running” na Praza da Paradela ás 22.00 horas.

A cita semanal co “Cinema na Rúa” traslada este domingo 09 de agosto a pantalla ata San Roque (Morgadáns) onde grandes e pequenos poderán gozar da película de animación “El parque mágico” a partir das 22.00 horas.

Todos os espectáculos desenvólvense garantindo as distancias interpersonales necesarias e as medidias hixiénico-sanitarias esixidas polas autoridades sanitarias como medida de prevención de posibles contaxios da covid19. ...leer más...

#GONDOMAR EN MARCHA UN NOVO MINICAMPAMENTO PARA OS MÁIS NOVOS

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro dirixido aos máis mozos facilitándolles opcións no seu tempo libre e sempre suxeito o seu desenvolvemento as normativas vixentes en materia hixiénico sanitaria e de prevención fronte á covid-19.

Dende este pasado  luns ata o día 10 de agosto desenvolverase o «Obradoiro cómic», organizado pola concellería de Xuventude, no que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas deste tipo de ilustracións, podendo escoller entre manga, cartoons ou superheroes.

Dende o goberno de Gondomar faise un esforzo por organizar este tipo de pequenos campamentos adaptados a nova normalidade que estamos a vivir, para atender as demandas da mocidade e ao mesmo tempo facilitar, na medida do posible, a conciliación familiar nestes días de verán.TALLER DE COMICS 1 - copia.jpg ...leer más...

#GONDOMAR A feria semanal regresa a Gondomar estreando unha nova ubicación en “As Cercas”

Un total de 33 postos de venta ambulante reanudaron este martes o mercadillo semanalde Gondomar que ademáis de cambiar a súa data de celebración dos sábados aosmartes, estreou o que será a súa nueva ubicación: a explanada das Cercas. Esta nova etapa foi consensuada coas asociacións de comerciantes implicadas e permitirá minimizar os riscos de contaxio da covid19.

 

As Cercas facilita unha maior extensión de terreo que permite que a colocación dos postos e a circulación dos usuarios sexa máis segura, o crearse un circuito no que se garante o distanciamento social, á vez que se respetan o resto de medidas hixiénicosanitarias como o uso das máscaras o do xel nos postos.

 

A nova ubicación permitirá ademáis celebrar a feira semanal sen eliminar ningunha praza de aparcamento, tal e como si ocurría na Praza de Rosalía, espazo no que celebrouse durante os últimos anos. ...leer más...

#GONDOMAR VIOLENCIA ZERO. MULLERES EN ACCIÓN VOLTA A GONDOMAR

n  A Praza Paradela acollerá este mércores 29 de xullo unha nova acción do programa que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo nos cinco anos baixo o título «Mulleres en acción: violencia zero».n  n O mércores a partir das 12.00 poderemos asistir a «acción» da artista Zeltia que, entre outros obxectivos, visibiliza á a muller como símbolo de saúde, defensora da vida. Muller loitadora e valente. Unha acción na que busca «facer rexurdir a figura da muller a través da música e dos elementos ambientais nun símbolo de cambio».n  n Mulleres en Acción. Violencia zero é un proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra co que, no espacio público e a través de accións artísticas, se reivindica a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e unir forzas para acabar con ela.n   n Fuente: Concello de Gondomar

#BAIONA «Somos Iguais. Contos pola Igualdade» con Raquel Queizas

A praza Victoria Cadaval de Sabarís, acollerá o vindeiro xoves 23 de xullo ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título “Somos Iguais. Contos pola Igualdade “.A actividade dirixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.n

Nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!n

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.n ...leer más...

#GONDOMAR DEPORTE E DIVERSIÓN PARA TODOS/AS EN GONDOMAR

O goberno de Gondomar segue a traballar para ofrecer novas e diferentes actividades a veciñanza nos meses de verán, sempre adaptadas as novas normas hixiénico sanitarias que exixe a nova normalidade que estamos a vivir.

Dende a concellería de Deportes convidannos a todos e todas a participar nos cursos gratuitos de ZUMBA e GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas) que vanse desenvolver todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

As clases de Zumba impartiránse todos os martes, a partir de mañá día 14 de xullo, entre as 21.00 e as 22.00 horas nas pistas de baloncesto de As Cercas. Abertas a todas as idades, só tedes que acercarvos e facer deporte ao ritmo da música.

As sesións de GAP terán lugar todos os xoves, a partir do 16 de xullo, entre as 21.00 e 22.00 horas no mesmo esceario: as pistas de baloncesto de As Cercas. Non deixedes de vir y participar!! ...leer más...

#GONDOMAR GONDOMAR ORGANIZA OBRADOIROS DE TECNOLOXÍA E COMICS PARA A MOCIDADE

Nestes momentos nos que estamos a adaptarnos a «nova normalidade» imposta pola covid19 no concello Gondomar seguimos a traballar para facilitar a conciliación familiar.

Dende a Concellería de Xuventude desenvolveránse dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

Do 27 ao 31 de xullo realizaremos un CAMPUS TECNOLÓXICO. Nel iniciaranse na robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.

Do 3 ao 10 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase un Obradoiro de Comic, dirixido a rapaces de entre 9 e 17 anos podendo elexir o seu estilo favorito: Manga, Cartoon ou Superheroes. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar abre o prazo de solicitudes para o comedor escolar do curso 2020-21

DJI_0137.jpg

Os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Municipal entre os días 15 de xullo e 15 de agosto.

 A concellería de Benestar Social do concello abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar aposta pola eficiencia enerxética e o aforro no consumo eléctrico  

CAMBIO PUNTOS DE LUZ LED.jpg

​O goberno local traballa na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñasen todas as parroquias nas que continúa substituíndo o uso de lámpadas con elementos halóxenos por leds nunha clara aposta pola eficiencia enerxética.

 A última actuación desenvolveuse entre os puntos de luz situados na estrada desde Areíña, na parroquia de Vilaza, ata o centro urbano. En total ata o momento substituíronse máis de 150, un traballo que “seguiremos desenvolvendo en todas asparroquias ata chegar a cada esquina do termo municipal”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

​Lembrou que estas actuacións enmárcanse nas políticas do goberno que apostan de forma decidida pola eficiencia enerxética. Os cambios realizados ata o momento permitirán un aforro no consumo eléctrico do alumeado público de ata un 70 %. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar organiza minicampamentos infantís para facilitar a conciliación familiar

Cartel MINICAMPAMENTO COEDUCACIÓN.jpg

 

“Cocreando en Igualdade” é o título baixo o que se desenvolverán estas actividades que se dirixen a nenos/as de entre 6 e 12 anos co fin de sensibilizalos ante cuestións tan actuais como é a igualdade de xénero. 

 O alcalde, Paco Ferreira, explica que “a pandemia nos ha obrigado a adaptarnos a unha nova realidade respectando normas hixiénico-sanitarias e de seguridade social, pero desde o primeiro momento traballamos para buscar opcións educativas e lúdicas para os máis cativos das casas facilitando con elas a conciliación de familias cuxos paise nais traballan”.

 Con este fin desenvolveranse durante o mes de agosto dous campamentos baixoo lema “Cocreando en Igualdade”, organizados pola concellería de Igualdade e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra. Entre os seus obxectivos, “alentar o pensamento crítico en nenos e nenas, facéndose cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.  ...leer más...

#GONDOMAR APRAZADO "CINEMA NA RÚA" NA PRAZA PARADELA O PRÓXIMO DOMINGO

YESTERDAY GALLEGO.jpg

A cita co cine prevista no programa de verán para este domingo 12 de xullo (22.30 horas) naPraza Paradela SUSPÉNDESE e aprázase a proxección da película «Yesterday».

 

Esta actividade inclúese no programa «Cinema na rúa»que durante os meses de xullo e agostolevará cada domingo o cine ás parroquias do municipio, 

achegando ao público familiar títulos como “Ralph rompe internet”, “Aladdín”, “Mascotas 2” o “El regreso de Mary Poppins”.

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar pon en marcha a rehabilitación do antigo centro de saúde do municipio

centro salud reforma 1 (1).jpgcentro salud reforma 3 (1).jpg

O edificio, de titularidade municipal, tras o cesamento da actividade sanitaria rehabilitarase e acondicionarase para albergar no seu interior usos administrativos.

 Danse os primeiros pasos nos traballos de reforma e acondicionamento do antigo centro de saúde para poñer en marcha, en canto sexa posible, a reestruturación dos departamentos do concello de Gondomar anunciados no seu momento polo rexedor, Paco Ferreira. 

Tal e como adiantou no seu día o alcalde, cando se procedeu ao traslado do centro de saúde ás súas actuais dependencias en As ánimas, iniciará a súa rehabilitación e adaptación de espazos para trasladar a el diferentes departamentos que se situarán nun mesmo lugar “para facilitar aos cidadáns a súa xestión diaria cando se achegan ao consistorio”. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar reforza o seu persoal coa incorporación de 18 novos traballadores

recepción operarios 7.jpg

O alcalde, Paco Ferreira, fai fincapé na necesidade de adoptar as medidas necesarias para xerar emprego no municipio “facilitando o acceso a un traballo a aquelas persoas que máis o precisan”.

 O concello de Gondomar a través de diversas subvencións apostou pola xeración de emprego “porque vivimos momentos difíciles neste sentido”. Desta forma, dependendo do caso, 18 persoas incorpóranse ao persoal durante seis ou nove meses ocupando diferentes funcións, segundo as necesidades.

Nesta ocasión, a través de diferentes subvencións, contratáronse 11 peóns de obra pública, dous auxiliares administrativas, 1 padeeiro, e un tractorista. Tamén se sumará unha técnica para a área de turismo, unha enxeñeira forestal, e unha  mestra  composteira. Esta última traballadora, contratada no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial, inicialmente ten un contrato por un ano.  ...leer más...

#GONDOMAR NOVA ENTREGA DE COMPOSTEIROS

entrga composteiros t3.jpg

Gondomar traballa para ser un referente de municipio verde e sostible e nese senso temos como obxectivo prioritario reducir, na medida das nosas posibilidades, a pegada ecolóxica no mundo.  Na consecución deste fin é fundamental contar coa colaboración e implicación da cidadanía que aposta pola compostaxe.

Dende a concellería de Medioambiente e Transición Ecolóxica, dirixida polo edil Brais Misa, fixeron unha nova entrega de composteiros individuais, no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial. En total, sumando os composteiros facilitados polo gobernó local,  nun ano repartíronse preto de 250 repartidos entre a veciñanza que aposta pola reciclaxe..

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar rehabilita o “Peto de Piñeiro” e crea na súa contorna un novo espazo público

peto piñeiro 2.jpg

Recuperar o gran patrimonio cultural co que conta o municipio e promocionalo é un dos obxectivos do goberno que preside Paco Ferreira.

 A recuperación do Peto de ánimas de Piñeiro, en Peitieiros, “será unha das moitasactuacións que neste sentido realizaremos creando ademais espazos públicos para os veciños”. 

 O concello de Gondomar finalizou a recuperación do Peto de Piñeiro en Peitieiros, executada nos últimos meses, no marco do Plan Concellos da Deputación Provincial, dotando a zona dun espazo público novo e totalmente recuperado para o goce dos veciños e visitantes que se acheguen ao municipio. 

 Paco Ferreira subliña que “recuperar aos poucos a gran riqueza patrimonial eetnográfica coa que contamos é un dos obxectivos deste equipo. Estas pezas forman parte da nosa historia e, sen dúbida, é un atractivo turístico que se suma aos moitos que xa ten Gondomar”.  ...leer más...

#GONDOMAR PROHIBIDAS AS QUEIMAS POR ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

 

IMG-3069.jpg

O Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño publica a declaración de época de perigo alto de incendios forestais o periodo comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2020.

Segundo a orde da Xunta de Galicia dende hoxe mércores quedarán suspendidas todo tipo de queimas, así como interrumpidas as comunicacións e permisos facilitados para as queimas forestais

Lembrar a importancia da colaboración cidadá na loita contra os incendios forestais adoptando as medidas precisas de precaución, e colaborando no caso de detectar algún lume chamando o teléfono gratuito 085.

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar dota de columnas dispensadoras de hidroalcohol os espazos públicos

ALCALDE DISPENSADOR.jpgDISPENSADOR PLAZA.jpg

puntos desinfección 5.jpgpuntos de desinfección 7.jpg

​Gondomar adáptase á nova normalidade  na que entramos tras levantarse a alerta sanitaria e ou  fai pensando  na  responsabilidade institucional e social  á hora de  cumprir  as medidas  recollidas por lei para evitar novos  contaxios e facilitar  as medidas  hixiénico- sanitarias toda a  poboación estamos obrigrados a cumprir.

 

​Por iso Gondomar dota de “fontes” dispensadoras de xel hidroalcolico para a desinfección das mans ao municipio. En total distribuiranse 11 en diferentes instalaciónsmunicipais como son os accesos do Consistorio, a Casa da Cultura, as dependencias de urbanismo ou da Policía Local.

 

​Tamén na Praza da Paradela haberá unha columna dispensadora ao dispor dos veciños e veciñas que precisen do seu uso. Todas elas están dotadas de pedais, para evitar o menor contacto posible das mans cos dispensadores. Pavillóns, colexios ouinstalacións deportivas son outros dos lugares nos que se estuda colocar estesdispensadores de xel. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar facilita as vistas aos veciños e visitantes no “Balcón do Val Miñor”

balcon val miñor.jpg

O prometido é débeda e en Padro, na Paroquia de Morgadáns de Gondomar, luce xa un banco para todos os veciños e visitantes que queran achegarse ata este lugar coñecido como “O Balcón do Val Miñor”, e poidan descubrir unha fantástica paixase.

O concello de Gondomar xunto coa Entidade Local de Morgadáns atende así unha demanda histórica por parte dos veciños do municipio, e que agora é unharealidade que permitirá gozar a todos das maravillosas vistas da Ría de Vigo, Baiona ouas Cíes, nunha contorna única como son os espazos naturais e verdes do municipio de Gondomar.

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR ​Normas de xestión e permisos para as chacherelas/sardiñas privadas

 n n

306701_fuego-hoguera.jpg

n

​O concello de Gondomar, a través do seu departamento de Medioambiente e Transición Ecolóxica, lembra que tal e como recolle o bando firmado polo rexedor, Paco Ferreira, este ano as cacharelas públicas non se celebrarán, ante a prohibición de celebrar eventos populares, tal e como recolle o DOG como medidas de prevención vixentes ata o 30 de xuño.

​Só poderán celebrarse en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares e suxeitas as seguintes normas e requisito:

• Presentación da solicitude de comunicación previa segundo o modelo oficial publicado na web do concello e presentar no Rexistro (presencial outelemáticamente) antes das 00.00 horas do 21 de xuño.n • Adxuntar memoria descritiva que inclúa o material a queimar, a distanza ásvivendas e á masa forestal máis próximas; plano da situación do espazo onde ubicarase a cacharela, e, fotocopoia do seguro combinado do fogar e último recibo de pago.n • Adoptar as medidas de prevención e seguridade, mantendo as distancias dasvivendas e masas arbóreas ou zoas vexetais susceptibles, establecidas por lei.n • Caracteríticas das cacharelas: En zona urbana non poderán exceder 2 metros de diámetro e 6 metros de perímetro, e ningún caso un metro de altura. Na zona rural non excederán os 3 metros de diámetro ou 9 de perímetro e en ningún caso superará os 3 metros de altura. n • Deberá cumprirse a medida de distancia interpersonal de 1,5 metros establecida no Real Decreto de medidas de prevención, contención e coordinación do COVID-19. Se non fose posible deberán empregarse máscaras.nn

n n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR CONCELLO DE GONDOMAR E ZONA FRANCA A PIQUES DE ASINAR O CONVENIO PARA A AMPLIACIÓN DO POLÍGONO DA PASAXE

reunión zona franca.jpg

Analizar osavances como os pasospendentesdedar paraexecutara reordenación e posterior ampliación do Polígono daPasaxe,foio tema abordado noencontromantidopolo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o Delegado do Consorcio da Zona Franca, DavidRegades,xuntoaosseusequipos técnicosestelunsen Vigo.

Partindodofeitode que esta área industrial é considerada porestudosdaUniversidadede Vigo como clave para sectores como o do metal e a automoción,expúxoseanecesidadede avanzar porunhadobrevía: porunhabanda,naprimeirafasenaque o  concellode Gondomarmelloraráa urbanización e osservizosdo polígono, en comúnacordocoas empresas instaladas, e poroutra, a actuación da Zona Franca, coa redacción e tramitacióndunconvenio entre esta institución e o municipio para abordar a ampliación da superficie industrial en 400.000 metroscadrados.   ...leer más...

#GONDOMAR Cancelado o campamento Gondoverán 2020

O concello de Gondomar non celebrará este ano o Gondoverán. A ausencia dun protocolo para os profesionais de ocio e tempo libre para afrontar a nova normalidade con actividades nas que participan nenos/as, e ante a negativa da Consellería de Educación de permitir o uso das instalacións do CEIP Chano Piñeiro, suspéndese o campamento urbano.

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar aposta pola cultura e artistas locais no programa de actividades de verán

4502ad9a-980c-4e96-bc28-cea7b310cf78.jpg

O goberno de Gondomar prepara xa a súa programación de verán apostando de forma clara e directa pola cultura e os artistas locais, consciente do difícil momento que este sector afronta tras a alerta sanitaria ao verse limitadas moitas das súas actividades. Dende a concellería de Cultura deseñouse unha programación pensada para todas as idades e que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

 

  A alarma sanitaria e as novas normas que rexerán a partir do seu levantamento estiveron moi presentes á hora de deseñar unha programación que “non quixemos suspender porque entendemos que os nosos veciños merécena, e teñen que gozar como todos os veráns de actividades de lecer”, afirmou o rexedor Paco Ferreira.

A pesar de que os eventos tradicionais que implican grandes concentracións como a celebración de San Bieito, a festa da Rosquilla suspendéronse este ano “o noso programa é igual de ambicioso que en edicións anteriores, buscando achegarnos ao maior número posible de persoas e a todos os recunchos do municipio”. ...leer más...

#GONDOMAR GONDOMAR SÚMASE AO PROXECTO #UNÁRBOLPOREUROPA

 

DIA MEDIO AMBIENTE 2020.jpg

O alcalde Paco Ferreira e membros do seu equipo plantarán este venres, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, unha árbore secundando a iniciativa #UnÁrbolporEuropa posta en marcha por Equipo Europa, asociación xuvenil que ten como obxectivo achegar ás novas xeracións os procesos de toma de decisións e directrices que se ditan en Europa centradas no medioambiente.

Gondomar ratifica así o seu compromiso por promover a sustentabilidade local en Europa e a súa clara aposta por converterse nun municipio referente na defensa do medioambiente e a loita contra o cambio climático.

Ante a imposibilidade debido á alerta sanitaria de compartir esta acción nun acto colectivo o alcalde convida os cidadáns a plantar unha árbore ou unha planta e compartilo subindo a súa fotografía nas redes acompañado do cancelo #UnÁrbolPorEuropa. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar reparte máscaras hixiénicas reutilizables entre os veciños do municipio

 

donación mascarillas.jpg

 

O goberno de Gondomar repartiu preto de 2000 máscaras hixiénicas reutilizables dun total de 3000 que inicialmente se poñerán a disposición dos cidadáns co fin de facilitar todos os medios necesarios para o cumprimento das medidas sanitarias xurdidas tras a pandemia do coronavirus.

Durante a mañá e a tarde deste mércores varios centos de persoas achegáronse ata a Praza A Paradela onde efectivos de Protección Civil facían entrega de 3000 máscaras, doadas e fabricadas por la empresa PMAS Full Sport, industria situada no Polígono da Pasaxe, e que adaptou da produción á súa confección durante el confinamento co obxectivo de mitigar a ausencia de material que se rexistrou durante eses días.

O rexedor do municipio, Paco Ferreira, sinalou “a necesidade de seguir adoptando todas as precaucións necesarias e non baixar a garda despois de todo o que conseguimos” e por iso anunciou que ademais da doazón da empresa “adquiriremos todas as máscaras precisas para que ningún veciño ou veciña da nosa localidade quede sen elas”, e engadiu que tamén se farán chegar aos diferentes establecementos de Gondomar con atención ao público. ...leer más...

#GONDOMAR O concello lembra que as máscaras e luvas usadas deben depositorarse no colector gris

CONTENEDOR GRIS.jpg

Dende a goberno de Gondomar, a través da súa concellaría de Medioambiente, lembran á veciñanza que as máscaras e luvas usadas deben depositarse no colector de fracción resto de COR GRIS. Aínda que as máscaras, na maioría son de papel, NON deben depositarse no colector azul. O mesmo acontece coas luvas que, a pesares deser de materiais similares ao plástico (látex, nitrilo, goma…) NON deben depositarse no contenedor amarelo.

En ambos os dous casos hai que introducilos no colector de fraccion resto, COLECTOR TOTALMENTE GRIS.

Lembran dende a concellaría que ao depositalos nos diferentes colectores de reciclaxe, esto contribúe á contaminacioìn de todo o colector, algo que resulta moi complexo de xestionar unha vez que chega á planta de tratamento SOGAMA.

Si se trata de luvas e máscaras empregadas por personas contaxiadas por Covid-19, o protocolo a seguir é outro como xa indicamos anteriormente. ...leer más...

#GONDOMAR LEVÁNTASE O PRECINTO DOS COLECTORES DE ROUPA USADA

MEDIOAMBIENTE RECICLAJE ROPA editada.jpg

A partir de este luns, tal e como anuncia a empresa responsable, procederase a levantar o precinto aos dez colectores de recollida de roupa usada, pechados durante os últimos dous meses por mor da alerta sanitaria.

A partir de hoxe os interesados/as poderán volver a depositar neles a roupa usada (non rota) e limpa da que queran desfacerse. Recolleránse tanto prendas de vestir como de fogar, así como zapatos ou complementos como cinturóns o bolsos. Á hora de depositalas no colector deberán ir pregadas e metidas nunha bolsa.

O obxectivo final é seguir sumando ferramentas e medios para avanzar en materia de reciclaxe e medioambiente, colaborar entre todos e todas a cerrar o círculo dos productos que empregamos no noso día, facilitando a súa reutilización posterior.

n Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...