#GONDOMAR O Concello de Gondomar xa colabora de xeito efectivo contra o cambio climático.

A Concellaría de Medio Ambiente vén de instalar una caldeira de biomasa, en substitución doutra de gasóleo, no sistema de calefacción para todo o edifico de Urbanismo. A instalación foi realizada a conta da subvención do INEGA e cofinanciada polo Programa Operativo FEDER-Galicia 2014-2012, cuxo finazamento acadou o 80% do custe total, supoñendo un gasto para o Concello ao redor dos 3.000.-€.

Entra as vantaxes desta instalación, están o seu mantemento que escaso, e o seu consumo. Unha carga de 4000kg de pellets, segundo a empresa instaladora debería durar par dous invernos, todo isto por un custe de 940.-€ en total, cando en gasóleo sería tres veces máis no mesmo período de tempo.

É una calor limpa, sen malos olores e sen botar á atmosfera partículas contaminantes, que mantén quente todo o edificio perfeitamente. Podendo incluso programar o seu acendido, apagado, temperatura, etc, dende un teléfono móbil. ...leer más...

#GONDOMAR Día mundial da SIDA

Dende o Concello de Gondomar e a Concellería de Xuventude queremos facerlle chegar a mocidade a mensaxe de que non existen vacinas nin tratamentos curativos contra a SIDA, as enfermidades de transmisión Sexual ou embarazos non desexados. O único aliado é a PREVENCIÓN. Sen medos, sen prexuízos, abre a caixa da prevención.

 O día 1, de decembro entregarase material informativo e preventivo de 11,00 a 14,00 hs no Concello e de 17,00 ás 20,00 hs. na Casa da Cultura.

dia mundial da loita contra a sida 1

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Construíndo historias non sexistas

Para fomentar a igualdade entre os cativos e cativas, a Concellería desenvolverá o 25 de novembro de 10 a 14 horas o taller de igualdade “Construíndo historias non sexistas” dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 10 anos.

O obradoiro desenvolverase na Casa da Cultura de Gondomar. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no CIM, posto que as prazas serán limitadas.

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Maxia pola igualdade

O 26 de novembro ás 18h teremos no Auditorio Lois Tobío o espectáculo Maxia pola igualdade a cargo da ilusionista Fani Triana.

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades e creará fantasías ca louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

 

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR En Negro Contra ás Violencias

A Concellería de igualdade convida a “tinguir de loito gondomar” o 25 de novembro para rexeitar a violencia contra as mulleres.

A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar anima a comerciantes e hostaleiros do municipio a participar o vindeiro 25 de novembro na campaña de sensibilización cidadá ‘En Negro Contra as Violencias’ que desenvolverá conxuntamente en máis de 70 municipios de Galicia, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Baixo o lema ‘Gondomar en Negro’ a Concellería de Igualdade, que dirixe a edil socialista, Nuria Lameiro, propónse tinguir de negro a vila, co obxectivo de fomentar a sensibilización cidadá contra as violencias machistas en todos os ámbitos municipais. Aqueles establecementos ou entidades que queiran unirse a esta campaña de sensibilización poderán informarse no Centro de Información á Muller (CIM). Os locais que confirmen a súa adhesión, recibirán o material promocional distribuído dende o Concello e aparecerán xeolocalizados na web da campaña www.ennegrocontraasviolencias.gal, entregando o Concello o material promocional.
A iniciativa pretende “vestir” de loito ao persoal dos comercios adheridos, os escaparates do comercio local e mesmo as mesas de locais de hostalaría, en sinal de dor por tódalas mulleres que sofren violencia ou que faleceron por mor dela. “Dende a concellería de Igualdade queremos mandar unha mensaxe unánime de solidariedade, e rexeitamento da violencia contra as mulleres e de denuncia ós maltratadores para que estas conductas non queden nunca impugnes. Queremos que Gondomar quede libre das violencias machistas”, indicou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro.
O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres convidando aos diferentes gobernos a desenvolver actividades para sensibilidar á poboación. O Concello de Gondomar súmase ano a ano a esta petición levando adiante diferentes campañas que teñen en común o rexeitamento absoluto da violencia de xénero. Nesta ocasión, ‘Gondomar en negro’ quere funcionar como símbolo de dor por tódalas mulleres que sofren maltrato ou son asasinadas, só dende 2003 a maio de 2017 rexistráronse 53 asasinatos machistas en Galicia e 780 en toda España.
ACTIVIDADES PARALELAS
Como complemento a esta campaña, ao longo da última quincena de novembro e parte de decembro a Concellería de Igualdade desenvolverá outras actividades, entre elas, un taller de Sensibilización e prevención en violencia de xénero’ dirixido ós mozos e mozas, nos institutos de Educación Secundaria. A actividade dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, consistirá nunha charla coloquio no IES Auga da Laxe, os días 20, 21, 23 e 28 de novembro e no IES Terra de Turonio, os días 22, 24 e 29 de novembro. ...leer más...

#GONDOMAR Torneo escolar benéfico de tenis Concello de Gondomar.

Un ano máis abrimos inscriciones para un dos nosos mellores eventos onde os nenos pásanno en grande xogando ao tenis cos seus amigos e rodeados de sorpresas.

Categorías:
Prebenjamín

Benjamín

Alevín Infantil

Cadete
En todas as categorías haberá cadro de consolación.
– agasallos para todos o participantes
– sorteo de premios
– entrega de trofeos
INSCRICIONES: fin de insciones o 1 de decembro
Tlf: 680124239 ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
document.getElementById(‘cloaka1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00’).innerHTML = ”;
var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;
var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;
var addya1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00 = ‘ctgondomar’ + ‘@’;
addya1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00 = addya1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00 + ‘hotmail’ + ‘.’ + ‘es’;
var addy_texta1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00 = ‘ctgondomar’ + ‘@’ + ‘hotmail’ + ‘.’ + ‘es’;document.getElementById(‘cloaka1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00’).innerHTML += ‘‘+addy_texta1949f880979bdd4e6f85b6f21521e00+’‘;

¡¡¡Para participar só terás que colaboran cunha doazón de comida non perecedoira!!! ...leer más...

#GONDOMAR Faladoiros do IEM dedicados á muller.

Dende a Concellería de Igualdade recordamor que o Instituto de Estudos Miñoráns comeza un novo ciclo cos faladoiros do IEM.
Dedicado á muller, «Presenza das mulleres», amosa como fío condutor a importancia e participación desta na sociedade.

PROGRAMA:

VENRES, 17 DE NOVEMBRO
Eugenia Trigo Aza. Escritora
– 20:00 h. ‘Da motricidade humana ao paradigma vida”
Presenta:
Adela Mirás Calvo
IES Val Miñor de Nigrán

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO
Adriana Nogueira Gassent. Oceanógrafa
– 20:00 h. ¨A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”

Presenta:
Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM

MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO
Chis Oliveira. Doutora en Filosofía
– 20:00 h. ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada”
Presenta:
Pilar Vázquez Fouce
Diplomada Universitaria en Enfermería e membro do IEM ...leer más...

#GONDOMAR II Concruso de Escaparates de Nadal

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Comercio e en colaboración coa asociación O valmi, convoca o segundo concurso” CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DE LOCAIS DO CONCELLO DE GONDOMAR NADAL 2017”. Os motivos e decoración dos escaparates e da ambientación dos locais terán como tema as “Festas de Nadal”. Os comercios que se presenten deberán adornar a beirarrúa correspondente ao espazo do local, coaa colocación dunha alfombra ou moqueta vermella na entrada ocupando o espazo físico da beirarrúa

 

Tras dunha moi  positiva e reconfortante experiencia do ano pasado, queremos colaborar en que a nosa Vila sexa un espazo público de armonía, sosego, beleza, estética da fermosura que invite á cidadanía a pasear polas súas rúas.  Neste ambiente será máis atractivo profundizar nas ofertas e productos que o Comercio de Gondomar fai aos seus concidadáns. ...leer más...

#GONDOMAR Máis de 140 visitantes ao museo científico.

Científicos por unhas horas. A fin de semana pasada levouse a cabo no Concello de Gondomar, a través da Concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro , a actividade do MUSEO CIENTÍFICO.

Máis de 140 visitantes os días 3, 4 e 5 de novembro, fixeron por unhas horas de científicos: aprenderon, experimentaron e espertaron a súa curiosidade pola ciencia e a natureza. Esta iniciativa xurdiu para dar resposta a escaseza de espazos educativos sobre temáticas científicas e tecnolóxicas.
Os resultados tanto de participación como nivel de satisfacción dos participantes foi moi bo e dende o Concello agradecemos a gran acollida deste nova iniciativa, polo que tentaremos seguir apostando por actividades que constrúan o coñecemento da mocidade.

Reto dos Clavos:

C:UsersusuarioAppDataLocalMicrosoftWindowsTemporary Internet FilesContent.Outlook28P4JOF20171103_200053.jpg

Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...

#GONDOMAR Fondo social "La Caixa"

O alcalde de Gondomar Paco Ferreira e a Concelleira de Benestar Social do Concello de Gondomar Rocío Cambra, manifestan o seu agradecemento a Entidade de “la Caixa”

que a través do seu Fondo Social, fixo entrega o pasado día 7 de novembro da cantidade de 4.000€, para investir na compra de alimentos para persoas en situacións de emerxencia social do Concello.
O acto da entrega asistiron por parte da devantida Entidade a Directora da sucursal en Gondomar e o Director de zona, e por parte do Concello o Sr. Alcalde e a Concellleira de Benestar Social.

 DSC9970

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Viaxe a Lisboa dos maiores de 55 anos

Un total de 110 maiores de Gondomar veñen de facer a viaxe a Lisboa organizado pola Concelleria de benestar social e acompañados pola concelleira Rocio Cambra Castro. Unha viaxe de 6 día e 5 noites.

 Dentro dos lugares visitados encóntranse Sintra, Estoril, Cacais, Mafra, Obidos, Nazaré, Batalha… e por suposto, Lisboa.

IMG 2663 IMG 2709

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Tecendo Lazos. Obradoiro: xoguetes creativos con material de refugallo.

O programa Tecendo Lazos presente un novo obradoiro, nesta ocasión trátase de un abradoiro para facer xoguetes creativos con material de refugallo. Os xoguetes elaborados terán un fin social.

LUGAR DE IMPARTICIÓN
Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Gondomar

DATA E HORARIO
Do 29 novembro ao 12 decembro 2017. En horario de 17:00h a 19:00h

PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 30 outubro ao 20 novembro.

MÁIS INFORMACIÓN
Oficina Municipal Información Xuvenil (OMIX) Gondomar 986.369.746

Descargas

Solicitude participación:

pdf

 

Modelo de solicitude do programa:

pdf

 

Autorización de participación:

pdf

 

Autorización datos:

pdf

 

 

 

Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Axudas á conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

Dirixido a persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos/as, que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e, no prazo dos quince días seguintes á súa finalización, subscriban outro contrato coa mesma persoa.

REQUISITOS: entre outros requisitos e condicións:

  • a)-Persoa traballadora autónoma que tivo baixa por maternidade ou paternidade e ter contratada unha persoa desempregada co contrato de interinidade por maternidade ou paternidade;
  • b)-No prazo dos 15 días seguintes á finalización do contrato de interinidade débese realizar coa mesma persoa un contrato de calquera modalidade
  • ...leer más...

    #GONDOMAR Curso para a obtención da ESO.

    O Concello de Gondomar presenta un curso para a obtención do certificado da ESO.

    A educación é o motor para mellorar o futuro das persoas. Dende o Concello de Gondomar queremos por os medios para que a mocidade volte os estudos e obteña o Certificado da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

    • REQUISITOS: ter cumpridos os 18 anos , e con
      preferencia ser do Concello de Gondomar.
    • OMIX 986.369.746
    • INSCRICIÓNS: do 24 de outubro ata o 3 de novembro
    • DATA INICIO: aproximada 8 novembro 2017
    • INFORMACIÓN 986.369.746 OMIX GONDOMAR

    100% BECADO
    CONCELLO GONDOMAR

    DESCARGAS:

    pdf

     

    Solicitude do Curso 

    pdf

         

     Modelo de solicitudo do programa

    pdf

     

    Autorización de datos

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Cursos do Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades.

    A Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar presenta os cursos da escola virtual da igualdade, cursos On-Line en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

    Prazo de inscrición: ata o 30 de xuño de 2018 ou cando as 21.000 prazas dispoñibles queden agotadas. Só se pode realizar un curso por persoa en cada edición.

    Cursos de nivel básico:

    • Sensibilización en igualdade de oportunidades (30h)
    • Formación en igualdade de oportunidades: aplicación práctica no ámbito das Forzas e Corpos de Seguridade (40h)
    • Formación para a implantación de plans e medidas de igualdade nas empresas (30h)

    Cursos de nivel avanzado:

  • Igualdade de Oportunidades: aplicación práctica no ámbito do emprego (65h) 
  • Igualdade de Oportunidades: aplicación práctica no ámbito do Servicios Sociais (65h)
  • Igualdade de Oportunidades: aplicación práctica na empresa e recursos humanos (65h)
  • Igualdade de Oportunidades: aplicación práctica no ámbito xurídico (65h)
  • ...leer más...

    #GONDOMAR Formación e contratación para a mocidade galega inscrita no programa de garantía xuvenil.

    A asociación de industrias metalúrxicas de Galicia e o Instituto de enerxía, turismo e axenda dixital convocan 400 prazas de formación e contratación para a mocidade galega inscrita no programa de garantía xuvenil.

    CONTIDO: proxecto formativo gratuíto para 401 mozos e mozas con compromiso de contratación laboral. Programas formativos de 275-300 horas a realizar en dous meses e medio,ofrecendo a mocidade unha formación orientada a industria dixital e os novos modelos de negocio e facilitando o acceso a un posto de traballo . En Vigo , Santiago Compostela e Madrid.
    REQUISITOS: estar inscritos no programa Garantía xuvenil, ser menores de 30 anos, desempregado e con estudos finalizados que desexen formarse nas tecnoloxías .
    PRAZO: solicitar praza ata 31 outubro 2017 on line www.asimered.es
    CURSOS: “Internet of things e Big Date”; “Desarrollo software para robótica avanzada”; “Programa superior para industria 4.0”; “Desarrollo productos editoriales multimedia”; “Certificación en cloud computing :saleforce”; “Curso big date management, tecnologies and analytics”; Curso introducción a la Big Date”. ...leer más...

    #GONDOMAR Exposición "Escenario da prehistoria" no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

    A exposición sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia chega a Gondomar, mañán 11 de outubro terá lugar a inauguración ás 12,00hs.

    “Escenarios da Prehistoria”, composta por 37 paneis fotográficos de Federico de la Peña, poderá visitarse no Auditorio Lois Tobío de Gondomar ata o 12 de novembro.

    Trinta e sete paneis fotográficos complementados con debuxos e paneis explicativos amosan a riqueza patrimonial arqueolóxica da provincia de Pontevedra nunha exposición que mañán día 11 quedará inaugurada no Auditorio Lois Tobío en Gondomar baixo o título “Escenarios da Prehistoria”. Na apertura da mostra estarán presentes o deputado provincial de Cultura e Lingua, Xosé Leal, o alcalde Francisco Ferreira, a concelleira de cultura de Gondomar Nuria Lameiro e o autor Federico de la Peña. ...leer más...

    #GONDOMAR Museo científico os días 3, 4, e 5 de novembro en Gondomar.

    A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar presenta O MUSEO CIENTÍFICO.

    Os días 3,4,5 de novembro achegaremoste á ciencia dunha maneira divertida, atractiva, interactiva e práctica a través dun museo científico itinerante no Auditorio Lois Tobío. O lema é “ PROHIBIDO NON TOCAR”.
    Para inscribirse telefónicamente do 16 outubro ao 2 de novembro no 986.369.746
    ESPERTA A TÚA CURIOSIDADE

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Gañador do certame fotográfico Viaxando

    Nesta XI Edición do Certame Fotográfico VIAXANDO , concedeuse o 1º premio a foto “ Namoramos no Interrail”

    de Daniel Álvarez Fonterosa, natural de Tomiño. PARABENS !!!
    En vindeiros días levarase a cabo a inauguración da exposición das fotografías presentadas no Concello do Rosal. En Gondomar terémola no mes de Maio.

     

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR O Conservatorio Elemental de Gondomar visitará o Pergamiño Vindel.

    Os alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Gondomar visitarán o Pergamiño Vindel o vindeiro 8 de Novembro no Museo do Mar de Galicia.

    Con esta iniciativa o conservatorio de Gondomar, convertirase no primeiro centro especializado en música de toda Galicia en visitalo Pergamiño, que contén sete cantigas de amigo compostas polo trovador do século XIII Martín Códax.
    Durante o mes de outubro os alumnos do conservatorio de Gondomar traballarán as pezas musicais escritas en notación medieval nas clases de linguaxe musical, educación auditiva e vocal, coro e orquestra. Un proxecto levado a cabo grazas a Concellería de Cultura, que involucrará a tódolos profesores, alumnos, nais e pais do centro de toda a comunidade educativa.

    descubrindo o pergamino

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Máis de 300 alumnos participan nas Escolas Deportivas Municipais e da Deputación en Gondomar

    As escolas deportivas da Deputación e do Concello de Gondomar, curso 2017/2018, botaron a andar ó día 02 de outubro. O que estea interesado en matricularse aínda está a tempo, xa que hai prazas dispoñibles.

    Relación de alumnos das Escolas Deportivas de Deputación e Municipais.

    Escolas de Deputación.

    • Baloncesto, 24 alumnos/as.
      Balonmán, 15 alumnos/as.
      Fútbol, 58 alumnos/as.
      Patinaxe, 96 alumnos/as.
      Iudo, 34 alumnos/as.

    Escolas Municipais.

    • Zumba, 30 alumnas/os.
      Iniciación o deporte, 09 alumnos/as.
      Deportes en grupo, 03 alumnsos/as.
      Taekwondo, 14 alumnos/as.
      Tenis, 07 alumnos/as.
      Tenis de mesa, 01 alumno/na
      Ximnasia de mantemento, 14 alumnas/os

    image1

     

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Axudas para o inicio de estudos universitarios

    A Concellería de cultura, educación e ordenación universitaria da Xunta de Galicia convoca as axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria do alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2017/18 nunha universidade Galega, conducente a obtención dun título oficial de grao.

    REQUISITOS: acreditar unha cualificación no ABAU ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 e inferior a 5,5 excluíndo a cualificación da parte voluntaria, estar matriculado no 1ºcurso nunha universidade galega dun mínimo de 60 créditos, non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior,non estar incluído nos casos de exención total de pago da matrícula e renda da unidade familiar.
    PRAZO: 06/11/2017
    Informa DOG 05/10/2017 ou OMIX Gondomar ...leer más...

    #GONDOMAR Aberta a matrícula no aula UNED de Vigo

    Aberta a matrícula no Aula Uned de Vigo.

    Impartiranse os Graos de Pedagoxía, Psicoloxía, Ciencias Ambientais, Xeografía e Historia, Historia do Arte, Estudos Ingleses:Lingua, Literatura e Cultura, Administración e Dirección de Empresas e Ciencias Políticas e da Administración, Turismo, Dereito, Educación Social, Enxeñería en Tecnoloxías das Información e Enxeñería Informática, ademais  curso de acceso á universidade maiores de 25 e 45. Así como cursos de lingua de signos, portugués, inglés e francés.
    PRAZO: solicitudes para inscribirse ata o 20/10/2017

    Mais información www.unedpontevedra.com/aulavigo ou 986.954.834

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Convocatoria probas para obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

    A axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia convoca as probas para obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

    CONTIDO: convócanse as probas presenciais para a obtención da certificación Galega de competencias dixitais en ofimática pola que se nos acreditan oscoñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan Formativo Ofimático de Galicia.
    REQUISITOS: ser maíor de 16 anos ou cumprilos antes da finalización do prazo de inscrición, estar inscrito na rede CeMIT, aboar unha taxa de 10,10€.
    PRAZO: as persoas que desexen participar nas probas presenciais teñen que inscribirse en http://cemit.xunta.gal ata o 10/10/2017

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Becas Fundación Universitaria 2017/18 para universitarios con discapacidade

    A Fundación Universitaria convoca ás becas para o curso 2017/2018 para universitarios con discapacidade.

    CONTIDO: becas Fundación Universia pretende fomentar la inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva. Mediante estas axudas económicas os estudantes universitarios con discapacidade poderán acceder e progresar no seu proceso de formación académica.
    TIPOS BECAS:
    De acceso: estudantes matriculados por primeira vez en estudos universitarios de grao
    De progreso: estudantes que accederon a universidade con anterioridade.
    De mobilidade: estudantes universitarios que desexen realizar un período de formación nunha
    universidade internacional distinta a súa.
    PRAZO: ata o 27/10/2017 solicitude telemática http://www.fundacionuniversia.net ...leer más...

    #GONDOMAR Becas de primeiro de bachillerato en Canadá e Estados Unidos para o curso 2018/2019

    500 Becas de primeiro de bachillerato para estudiar en Canadá oi Estados Unidos para o curso 2018-2019.

     Requisitos: ser estudante de 4º da ESO nun centro educativo en España, cunha media académica seperior de 7 en 3º da ESO e un mínimo de 8 na asignatura de Inglés.

    Información e inscricións do 2 ao 20 de outubro do 2017.

    Máis información  www.becas.faortega.og

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR O gondomareño Eladio Costas e Kiko González medalla de bronce en tenis de mesa.

    O gondomareño Eladio Costas consegue o bronce coa selección galega nos nacionais de tenis de mesa.

    Noraboa ao gondomareño Eladio Costas que co seu compañeiro Kiko González acadaron a medalla de bronce, para a selección galega, no campionato de España de tenis de mesa na categoría +65 anos, celebrado na localidade de Torrijos (Toledo).

    21950733 1626623094068792 1717219668684075669 o

    21950755 1626623157402119 1598240678828889402 o

    Fuente: Concello de Gondomar

    #GONDOMAR Ciclos formativos. Liberados ou con prazas vacantes.

    A dirección xeral de educación, formación e innovación educativa convoca ciclos formativos, liberados ou con prazas vacantes.   

    Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes dende o 26 ata o 29 setembro do 2017. Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes. Hai prazas vacantes en módulos, ciclos de grao medio e superior en réxime ordinario e réxime de persoas adultas.
    PRAZO: do 26 ao 29 de setembro do 2017
    INFORMACIÓN e LISTAXES http://www.edu.xunta.es/fp ou OMIX Gondomar

    Fuente: Concello de Gondomar