#GONDOMAR Aprobación inicial dos estatutos da Asociación administrativa de cooperación da fase I do Proxecto sectorial supramunicipal do polígono industrial “A Pasaxe”

Sométese a información pública polo prazo dun mes, o texto íntegro da aprobación inicial dos estatutos da Asociación administrativa de cooperación da fase I do Proxecto sectorial supramunicipal do polígono industrial “A Pasaxe”, no Concello de Gondomar, co fin de que cantos interesados houbera no procedemento poidan consultar o mesmo e presentar cantas alegacións e documentos estimen oportunos. O expediente estará á súa disposición no departamento de urbanismo do Concello de Gondomar, en horario de 09.00 a 13.30 horas.

Coa denominación de “Asociación Administrativa de Cooperación da Fase I do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do polígono industrial A Pasaxe, sito no municipio de Gondomar, provincia de Pontevedra, constitúese polos propietarios dos terreos situados na devandita fase I unha entidade urbanística colaboradora, con personalidade xurídica propia, de carácter xurídico-administrativo, e que actuará coa capacidade de obrar e atribucións que, para o efecto, confírenlle os artigos 288 e 322 e seguintes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, a cal estará formada polos propietarios que, polo menos, representen o vinte e cinco por cento (25%) da superficie total da mesma (artigo 288 do Regulamento da Lei do chan de Galicia). ...leer más...

#GONDOMAR O obradoiro de emprego Valmiemprega II no CEIP Cruz de Camos.

Os alumnos da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, impartiron o día de hoxe unha serie de charlas didácticas aos alumnos dos cursos dende 1º ata 6º de educación primaria do CEIP CRUZ de Camos.

As citadas charlas realizáronse en 3 grupos, para 6 e 7 anos, 8 e 9, e finalmente o grupo de 10 e 11 anos.
Entre 6 e 9 anos a actividade consistiu nunha pequena charla sobre os recursos do Val Miñor, tanto do patrimonio histórico-artístico como natural, festas, e actividades recreativo-deportivas. Finalmente rematamos con xogos didácticos que consisten en realización de puzles con fotos dos recursos, xogos de parellas e localización en mapa dalgúns dos elementos máis característicos do Val Miñor. Os nenos maiores recibiron a charla titulada “Os segredos do Val Miñor”, centrada nos recursos do patrimonio histórico-artístico, que remata cunha serie de preguntas para facer a actividade máis interactiva.
Tanto o claustro de profesores como os cativos amosaron gran interese, destacando os docentes a importancia deste tipo de actividades que teñen como finalidade achegar o patrimonio do Val Miñor aos escolares da comarca. ...leer más...

#GONDOMAR 6ª Convocatoria Bolsas Eurolingua

Eurolingua VENAIRLANDA convoca 20 bolsas con todo incluído, a excepción do billete de ida e volta para un programa de inmersión lingüística durante 2 semanas en Irlanda este verán, dirixidas a estudantes universitarios, ESO, Bacharelato ou Formación Profesional.

REQUISITOS: nacer con anterioridade ao 31 de decembro do 2003, estar matriculado en estudos regrados de Bacharelato, ESO, FP ou Titulación Universitaria de España, nota media expediente académico mínima 6.
PRAZO: 27/04/2018
Inscricións, bases en www.venairlanda.com

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Ruta Colombina para maiores de 55 anos.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar organiza unha excursión para maiores de 55 anos.

Do 20 ao 26 de maio, 7 días e 6 noites cun custe de 395€.
O prezo inclúe : viaxe en autocar gran turismo + seguro de viaxe + pensión completa no Hotel Playa Cartaya 4**** (buffet e animación nocturna) + guía acompañante + xantar en ruta o primeiro e último dia. O prezo non inclúe: extras no hotel, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos.
NOTA: A viaxe sólo se realizará con un mínimo de 45 persoas. A empresa resérvase o dereito de cambiar a orde do programa da viaxe en beneficio do propio cliente.
Pódese reservar praza entre o 2 e o 30 de abril no departamento de benestar social na Casa da Cultura, T. 986 36 01 68

DESCARGA DOSSIER

 

Cartel RUTA COLOMBINA 2018

n Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...

#GONDOMAR Ruta guiada arredor da Vila de Gondomar co alumnado do C.E.P. Neira Vilas de Peitieiros.

O Obradoiro Valmiemprega realizou una ruta guiada arredor da Vila de Gondomar co alumnado do C.E.P. Neira Vilas de Peitieiros, cun total de 170 rapaces.

A ruta percorreu recantos emblemáticos de Gondomar, e pouco coñecidos como o Acueduto do Bravo, o lavadeiro e Ponte de Rosas ás beiras do río Zamáns. Continuou o itinerario pola zona da igrexa de San Bieito e o fermoso recanto onde se atopa a fonte e lavadoiro coñecidos como de San Bieito. Realizouse una parada na Praza de Paradela onde se lles comentou aspectos da casa do Concello e da escultura recentemente inaugurada dedicada ás persoas que loitaron contra os lumes na zona. Proseguimos ruta polas beiras do Río Miñor para coñecer a Ponte de Ánimas e o antigo camino Real que por alí pasaba. Achegámonos, tamén, ata a escultura de Alfonso Soliño que representa a Galiña Azul, inspirada na obra de Carlos Casares.
O obxectivo foi achegar aos escolares os segredos que garda a vila para que aprendan a valorar o seu patrimonio e o seu territorio. ...leer más...

#GONDOMAR Obradoiro de Emprego Valmiemprega II

Os alumnos da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron o día de hoxe unha visita guiada cos alumnos procedentes da localidade Francesa de Pornic que están de intercambio co IES Primeiro de Marzo de Baiona.

O percorrido realizado comezou ás portas da Fortaleza de Monterreal, concretamente na Porta do Sol, onde se lles deu una explicación para introducirnos na historia de dita fortaleza. A Seguinta parada do itinerario se realizou aos pés da Torre de Reloxo e a continuación no Baluarte da Cuncheira, dende onde se divisa unha fermosa panorámica da Vila. Continúa o percorrido parando na Porta dos Frades ou Porta do Pozo, e seguidamente unha importante parada na Batería de Santiago, aos pés da Torre do Príncipe, onde aparte das explicacións históricas o grupo recibiu información interpretativa da paisaxe da Baía, das Illas Cíes, Illas Estelas e outras curiosidades sobre a panorámica.
A xornada transcorreu cunha visita ao Parador Conde de Gondomar, da mán do xefe de recepción, quen nos acompañou a través de diferentes estancias do recinto hoteleiro. Para finalizar outra breve parada a altura da Torre da Tenaza, dende onde se pode observar unha das mellores panorámicas da Baía e das infraestructuras portuarias da Vila. ...leer más...

#GONDOMAR 35 Anos de historia do Conservatorio de Gondomar

O Conservatorio Elemental de Gondomar celebra un concerto conmemorando os 35 anos dende a súa creación, onde presentará a programación das actividades previstas para este ano 2018, chea de concertos, masterclass, e outras sorpresas.

No acto participarán Josefa Estarque coa presentación do seu libro “50 anos do Conservatorio de Vigo”, Irene Silva, creadora do novo logo e rematará coa participación do coro e a orquestra do centro coa colaboración de exalumnos. O concerto terá lugar o mércores 21 de Marzo ás 20,00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Entrada gratuíta ata completar aforo.

IMG 5241

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Ruta Colombina para maiores de 55 anos.

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar organiza unha excursión para maiores de 55 anos.

Do 20 ao 26 de maio, 7 días e 6 noites cun custe de 395€.
O prezo inclúe : viaxe en autocar gran turismo + seguro de viaxe + pensión completa no Hotel Playa Cartaya 4**** (buffet e animación nocturna) + guía acompañante + xantar en ruta o primeiro e último dia. O prezo non inclúe: extras no hotel, suplemento por habitación individual e entradas a monumentos.
NOTA: A viaxe sólo se realizará con un mínimo de 45 persoas. A empresa resérvase o dereito de cambiar a orde do programa da viaxe en beneficio do propio cliente.
Pódese reservar praza entre o 2 e o 30 de abril no departamento de benestar social na Casa da Cultura, T. 986 36 01 68

Cartel RUTA COLOMBINA 2018

 

n Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...

#GONDOMAR EXÁMENES PARA OBTENCIÓN DAS TITULACIÓNS QUE HABILITAN PARA O GOBERNO DAS EMBARCACIÓNS DE LECER E MOTOS NAÚTICAS EN GALICIA

A Consellería do Mar. Dirección xeral de desenvolvemento pesqueiro convoca os exames ordinarios teóricos e práctcos para a obtencións das ttulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náutcas na Comunidade Autónoma de Galicia.

TÍTULOS: Patrón/patroa navegación básica; patrón/patroa embarcacións de lecer; patrón/patroa de iate; capitán/capitá de iate; patrón/patroa de moto naútca A ou B
PRAZO: para solicitar participar nos exámes:
Prazo ordinario: 2-20 de abril do 2018
Prazo extraordinario: 20 xullo ao 10 agosto 2018
Información DOG 14/03/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR CONVÓCANSE AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas para a obtención dos certifcados acreditativos dos niveis de lingua Galega CELGA 1.2,3 e 4 no ano 2018.

REQUISITOS: maiores 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria
DATAS PROBAS: a realizar en Santiago de Compostela ou Ponferrada

PRAZO:

CELGA 1

3 xuño

CELGA 2

27 maio

CELGA 3

2 xuño

CELGA 4

26 maio

presentación solicitudes para realizar as probas 13/04/2018
Informa DOG 13/03/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR CURSOS FORMACIÓN MÍNIMA PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES DE SOCORRISMO TANTO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS COMO ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

A Academia Galega de seguridade pública convoca cursos de acreditación para a formación mínima que deben reunir os /as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónomoa de Galicia e para a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

REQUISITOS: Licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e en ambos casos non estar inscrito de forma defnitiva no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán acreditar non padecer enfermidade nin estar afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións.
SOLICITUDES: matrícula telemática a través de http://agasp.xunta.gal , antes hai que dárse de alta na AGASP
PRAZO: presentación solicitudes de matrícula ata 21/03/2018
Informa DOG 14/03/2018 ...leer más...

#GONDOMAR PROBAS AVALIACIÓN CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN INFORMÁTICA.

A Axencia para a modernización tecnolóxixa de Galicia convoca as probas para obtención da certfciación galega de competencias dixitais en ofmmtica, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas defnidas no Plan formativo Ofimático de Galicia.

REQUISITOS: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da fnalización do prazo de inscrición, estar inscrito como usuario da rede Cemit e ter aboado a taxa de exame.
DATAS EXAME: 25,26 ou 27 abril dependendo da localidade elexida para realizar a proba
SOLICITUDES: primeiro debes darte de alta como usuario/a na rede CeMIT
https://cemit.xunta.gal na localidade elexida, logo inscribirse nas probas
PRAZO: presentación solicitude de participación na proba ata 20/03/2018
INFORMA: DOG 13/03/2018 ...leer más...

#GONDOMAR PROBAS AVALIACIÓN CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN INFORMÁTICA.

A Axencia para a modernización tecnolóxixa de Galicia convoca as probas para obtención da certfciación galega de competencias dixitais en ofmmtica, tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas defnidas no Plan formativo Ofimático de Galicia.

REQUISITOS: persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da fnalización do prazo de inscrición, estar inscrito como usuario da rede Cemit e ter aboado a taxa de exame.
DATAS EXAME: 25,26 ou 27 abril dependendo da localidade elexida para realizar a proba
SOLICITUDES: primeiro debes darte de alta como usuario/a na rede CeMIT
https://cemit.xunta.gal na localidade elexida, logo inscribirse nas probas
PRAZO: presentación solicitude de participación na proba ata 20/03/2018
INFORMA: DOG 13/03/2018 ...leer más...

#GONDOMAR Segundo curso de operador/a de carretillas elevadoras.

A  Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar resolveu por en marcha un segundo curso de operador/a de carretillas elevadoras.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro,   resolveu ante a gran demanda de solicitudes recibidas para realizar o curso de operador/a de carretillas elevadoras levar a cabo un segundo curso, para así, poder  dar resposta a un maior número de mozos e mozas que o solicitaron.

De todas as solicitudes recibidas ata o día 8 de marzo do 2018, faráse unha selección para cubrir as prazas dos dous cursos. Un grupo de 15 persoas comezarán do 12 ao 27 de marzo e o outro grupo do 3  ao 18 de abril.

Todas as persoas que solicitaron  por rexistro do Concello participar nesta actividade  serán chamados telefonicamente indicándolles se están admitidos ou non e para que data. ...leer más...

#GONDOMAR Programación de actividades do OMIX para o ano 2018

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dirixida por Nuria Lameiro Valverde, invita a toda a mocidade do concello  a pasarse pola OMIX de Gondomar e informarse do abano de accións que temos en marcha para este ano 2018.

Propomos a mocidade accións formativas, culturais, educativas e de ocio de diversa índole. Arrancamos con accións formativas, no mes de marzo estase levando a cabo  un curso de tramitación electrónica, un curso de operador/a de carretillas elevadoras, en maio animación hospitalaria infantil e para outubro un curso de operario/a industrias alimentarias.

En canto accións culturais e educativas presentaremos no mes de abril  o XII Certame Fotográfico Viaxando, para o mes de xuño un taller de programación de videoxogos, no mes de xullo un curso de DJ e outro de percusión e por último uns obradoiros científicos para o mes de novembro. Dentro das accións de ocio ofrecemos dúas actividades de ocio en familia repetiremos a Gymkana este ano con temática medioambiental e un día de aventura en familia nun parque de multiaventura. ...leer más...

#GONDOMAR Campamentos Depo Aventura A Lanzada

O prazo de solicitude será do 08 ao 27 de marzo de 2018, ambas as datas incluídas.

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” 2018 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que 2.200 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu entorno habitual.

MÁIS INFORMACIÓN E BASES

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Subvencións a clubs deportivos de ámbito nacional

Convocatoria de subvencións para clubs deportivos da provincia de Pontevedra sen ánimo de lucro, que participen en competicións de ámbito nacional para o ano 2018.O prazo para presentar as solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación do estrato da convocatoria no BOPPO e rematará o día 2 de abril de 2018.

Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional que teñan polo menos un equipo participante na categoría sénior, así como aos clubs que participen na 3.ª división de fútbol co obxectivo específico de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra. ...leer más...

#GONDOMAR Campamentos polideportivos Príncipe Felipe

La Diputación de Pontevedra tiene como objetivo promover y fomentar el desarrollo personal y social de las niñas y niños de la provincia; por eso en el ámbito deportivo la Diputación apuesta un año más por el programa de campamentos polideportivos Príncipe Felipe.

Este programa ofrece la posibilidad de que 300 niñas y niños disfruten de su tiempo libre en verano, participando en actividades de carácter lúdico y deportivo que contribuyan a su enriquecimiento personal.

El campamento incorpora salidas al medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas y talleres.

El plazo para la presentación de solicitudes empezará el día siguiente al de la publicación del extracto de la convocatoria en el BOPPO y finalizará el día 23 de marzo de 2018

BASES

n Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...

#GONDOMAR Curso operador/a carretillas elevadoras.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar oferta a mocidade deste concello a posibilidade de ampliar as súas opcións laborais.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro resolveu por en marcha un curso de operador/a de carretillas elevadoras para capacitar os asistentes no seu manexo, formar na prevención de danos e degradacións do material transportado e transmitir un conxunto de boas prácticas. O curso terá unha duración de 30h, das cales vinte serán prácticas.
Se estás interesado nesta formación terás que inscribirte cubrindo a documentación do 26 de febreiro ao 8 de marzo e entregala no rexistro do Concello de Gondomar. O curso realizarase do 12 ao 27 de marzo en horario de tarde.
Para máis información chamar a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no 986.369.746  ...leer más...

#GONDOMAR Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés.

O Ministerio de educación, cultura e deporte convoca 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana en réxime de internado e pensión completa durante o mes de xullo de 2018.

REQUISITOS: nacer entre 1 xaneiro de 1998 e o 31 decembro 2001, estar matriculado no curso 2017/18 nalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza, grao medio de formación profesional, grao medio artes plásticas e deseño, grao medio de enseñazas deportivas e ensinos de idiomas nivel intermedio ou avanzado. Obter no curso 2017/18 bolsa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ter aprobado todo o curso anterior e cunha nota fnal mínima de 7,50 en inglés.

ACHEGA: as familias teñen que asumir os gastos de desprazamento de ida e volta, así como unha achega de 100€. ...leer más...

#GONDOMAR Xornadas de Xogando o Judo en Gondomar.

Este sábado 24 de febreiro no Pavillón de Deportes de Gondomar de 10:00 a 14:00h., Xornada de Xogajudo Fase Sur Infantil e Alevín, contando coa participación 360 judokas de Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela.

Evento organizado pola federación galega de Judo, Xogade deporte galego, Xunta de Galicia e a colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar.
Este xoves no Pavillón Municipal de Gondomar, organizado pola Xunta de Galicia, Xogade, Deporte Galego e a Concellería de deportes do Concello de Gondomar. Xornadas de xogando o Judo en Gondomar cos colexios, CEIP Chano Piñeiro, CEIP Serra Vincios e CEIP Plurilingüe Souto Donas.

PROGRAMA  pdf

cartaz judo

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Campus científicos de verán 2018

O Ministerio de educación e Fundación Española para a ciencia e tecnoloxía (FECYT) convocan 1560 axudas , en réxime de concorrencia competitiva para participar no ano 2018 no programa “CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN”.

Estancias de sete días nas que se pretende vivir un primeiro contacto co labor investigador, a través da participación dos xóvenes en proxectos científcos.

REQUISITOS: estar a cursar 1º bacharelato modalidade ciencias ou 4º ESO (ensinos académicos materias troncais bioloxía ou xeoloxía ou física e química. Ensinos aplicados ciencias aplicadas á actividades profesional e tecnoloxía.), nacer con posterioridade ao 31/12/2000, obter unha nota media igual a superior a 8,5 nos estudos cursados 2016/17.

PRAZO: presentación solicitudes 9 marzo 2018 ata 15:00 h ...leer más...

#GONDOMAR Curso tramitación electrónica

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar inicia a programación de actividades formativas cun Curso de tramitación electrónica de 25h de formación.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do ano 2018 cun curso de Tramitación Electrónica. Moi pronto, para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións con calquera administración será necesario realizalo a través da tramitación electrónica. Temos que ir un paso por diante e coñecer as novas formas de relacionarnos coa administración. Neste curso de 25h de formación eminentemente práctica aprenderás os requerimentos que necesita o teu ordenador para realizar os trámites electrónicos, coñecerás as distintas identificacións electrónicas existentes, como se realizan as entregas telemáticas de documentos, tramitación de a Factura-e, sinatura dixital e moitos outros trámites do día a día.
Se estás interesado nesta formación terás que inscribirte cubrindo documentación do 19 de febreiro ao 2 de marzo na Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) , no rexistro do concello ou a través da páxina web do Concello de Gondomar.
O curso será realizado do 7 ao 20 de marzo en horario de tarde de 17:00 a 20:30h , tendo preferencia a xente do Concello de Gondomar con idades entre os 18 e 45 anos.
Para máis información chamar ao 986.369.746. ...leer más...

#GONDOMAR Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional.

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

GRAO MEDIO: permitir as persoas que non posúan a ESO, FP Basíca ou equivalente, que teñan 17 anos cumpridos ou que os fagan no ano natural, que continúen a súa formación accedendo os ciclos de grao medio. Prazo: presentación acceder as probas 12-23 marzo do 2018. Proba: 31 maio do 2018.

GRAO SUPERIOR: permitir as persoas que non posúan o título bacharelato, técnico de formación profesional ou equivalente, que teñan os 19 anos cumpridos ou que os fagan no ano natural, que continúen a súa formación accedendo os ciclos de grao superior. Prazo: presentación para acceder as probas 8-23 febreiro 2018. Proba: 19 abril do 2018. ...leer más...

#GONDOMAR Axudas ao alumnado universitario por causas sobrevidas ou imprevistas

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas a alumnado matriculado en estudos universitarios ofciais conducentes a unha titulación de grao no curso académico 2017/18, cunha necesidade urxente de recursos económicos motvados por causas sobrevidas e imprevistas ( orfandade absoluta, desemprego sustentadores, non pagamento das pensións alimentcias en caso de separación ou divorcio, enfermidade grave sustentador/a, incapacidade permanente absoluta dalgún dos sustentadores, vítmas violencia de xénero, etc.) ocorridos durante o actual curso académico ( 1 setembro 2017 ao 30 de xuño do 2018 ), que lle impida ou difculte a continuidade dos seus estudos.

REQUISITOS: necesitade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada da causa sobrevida, dita causa que acontecese entre o 1/09/2017 ao 30/06/2018, estar matriculado no curso académico 2017/18 cun mínimo de 50 créditos, agás alumnado que lle reste un número inferior de créditos para rematar, en estudos universitarios conducentes a unha ttulación de Grao en calquera Universidade do SUG, por ingresos da unidade familiar e non ter percibido esta axuda con anterioridade.
PRAZO: causas acontecidas antes da publicación desta axuda prazo: 06/03/2018
causas acontecidas a partir da publicación destas axudas: prazo será dun mes dende que aconteceu a causa, como máxime ata 30/06/2018
Informa DOG 06/02/2018 ...leer más...

#GONDOMAR 1.400 Becas para actividades de formación en linguas estraxeiras no ano 2018

A Xunta de Galicia a través da Consellería de cultura,educación e ordenacións universitaria convoca 1.400 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas a alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

DESTINATARIOS: alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO (inglés en Galicia) e alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ( inglés en Canadá, no Reino Unido, en Galicia, Francés en Francia , Portugués en Portugal) que estean matriculados en centros sostidos con fondos públicos, con todas as materias superadas do curso 2016/17 e cunha nota mínima na lingua estranxeira que se vai perfeccionar de 6. Criterios selección segundo nota media expediente alumno/a, renda per cápita unidade familiar, familia numerosa, discapacidade dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao, non ter sido benefciario desta axuda no ano 2017.
PRAZO: presentación solicitudes ata 07/03/2018
http://www.edu.xunta.es/axudasle
Información DOG 07/02/2018 ...leer más...

#GONDOMAR Cursos preparatorios de Lingua Galega

A Concellería de Cultura, educación e ordenación universitaria convoca con carácter gratuíto e voluntario cursos de Lingua Galega preparatorios para as probas nas que se obteñen os certifcados de lingua galega.

Para presentarse deben ter cumpridos os 16 anos, ou cumprilos no ano natural da convocatoria. Hai convocatoria de modalidade presencial para os CELGA 2, 3 e 4 e modalidade teleformación para CELGA 1 e 4.
PRAZO: presentación solicitudes ata 26/02/2018
Informa DOG 06/02/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR 25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DE MESTRES/AS COMPOSTEIROS

A Deputaciónd de Pontevedra convoca 25 bolsas de práctica laboral destinadas a persoas en situación de demanda de emprego ou mellora coa fnalidade de completar a súa formación na área de xestión de residuos orgánicos de orixe doméstica de cara a súa incorporación como mestres/as composteiros.

REQUISITOS: estar en posesión do título de bacharel, ciclo superior FP, grao, diplomatura, licenciatura, enxeñería ou equivalente, ter fnalizado os estudos con posterioridade ao 31/12/2009, non estar a gozar nin ter gozado doutra bolsa de práctica laboral da Deputación de Pontevedra durante os derradeiros doce meses contados dende a data desta publicación, ter CELGA III, estar inscrito no Servizo Público de emprego como demandante ou mellora de emprego, estar disposto e ter os medios para desprazarse os distintos destinos de traballo na provincia de Pontevedra.
PRAZO: solicitudes ata 15 de febreiro do 2018
FASES: 1º cuestionario tipo test, 2º entrevista persoal, 3º curso composteiro de seis semanas ...leer más...

#GONDOMAR AXUDAS ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NA UE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 200 axudas para estadías nalgún Estado menbro da UE.

Establécense bases para 200 axudas (en réxime de concorrencia competitiva) para estadías nalgún Estado Membro da Unión Europea durante o verán de 2018, a alumnado matriculado no curso 2017/18 nalgunha das Universidades do Sistema Universitario de Galicia.

AXUDAS: 1.000€ PERÍODO DO CURSO: entre o 15 de xuño e o 31 de agosto 2018
REQUISITOS: estar matriculado como mínimo de 50 créditos en estudos universitarios ofciais en Universidades galegas, ter superado con anterioridade a data de publicación 60 créditos na titulación que está a realizar, o curso debe ter unha duración mínima de tres semanas e un mínimo de 15h lectivas
PRAZO: presentación solicitude ata 14 marzo do 2018 ...leer más...