#GONDOMAR Gondomar invita a veciñanza a participar no “Proxecto Ríos” e protexer o entorno natural do municipio

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao “Proxecto Ríos” e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 27 de setembro en diferentes municipios de Galicia. 

 Dentro da aposta clara e firme do goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medioambiente dende a que se anima a veciñanza a que se sume á limpeza do río Miñor e afluentes.

         Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.n document.getElementById(‘cloakf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654’).innerHTML = »;n var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;n var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;n var addyf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654 = ‘medioambiente’ + ‘@’;n addyf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654 = addyf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654 + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;n var addy_textf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654 = ‘medioambiente’ + ‘@’ + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;document.getElementById(‘cloakf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654’).innerHTML += ‘‘+addy_textf14cdee39950e2ffd446d2f0bb81e654+»;n , onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar e a CEP sentan a base de futuras colaboracións no municipio

O alcalde Paco Ferreira reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge  Cebreiros, para analizar as distintas vías de cooperación que se poden poñer en marcha na localidade, como a creación dun servizo de asesoramento empresarial.

 Coñecer as necesidades empresariais de Gondomar e definir os diferentes sectores presentes no seu mapa empresarial son algunhas das cuestións abordadas no encontro que o alcalde Paco Ferreira mantivo co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros.

Ambos coincidiron na importancia que a colaboración público-privada vén representando nos últimos anos para o avance do sector empresarial, pero máis no momento económico que vive o país como consecuencia da pandemia da covid19. Así subliñaron a necesidade de establecer mecanismos entre as administracións e os diferentes sectores industriais para atender as súas demandas actuais. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar reanuda o itinerario formativo de elaboración artesanal de conservas

Durante o mes de setembro terá lugar este curso que tivo que ser suspendido o pasado mes de marzo tras a declaración da alerta sanitaria como consecuencia da pandemia da COVID 19.

 A iniciativa desenvolverase finalmente en dúas quendas cun total de 15 asistentes en cada unha delas. O primeiro terá lugar entre os días 21, 22 e 23 de setembro, e o segundo os días 28, 29 e 30 do mesmo mes. En ambos os casos cumpriranse de forma rigorosa as medidas de seguridade tanto nos espazos que os acollerán como nas medidas persoais, sendo obrigatorio o uso de máscara. 

O curso, que se enmarca dentro das actividades que organiza a concellería de Formación, é gratuíto e organizado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural. Nesta ocasión búscase formar aos participantes para lograr dotar de máis valor no mercado aos produtos do sector primario a través da súa transformación e comercialización.  ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar reforza con medios propios a loita contra a avespa velutina

O goberno local entregou tres traxes de protección integral e materiais específicos aos colaboradores que, de forma altruísta, retiran niños desta avespa no municipio ante as longas demoras rexistradas por parte da empresa pública contratada pola Xunta de Galicia para facerse cargo deste problema. 

 O alcalde, Paco Ferreira, destacou o importante labor que viñeron realizando estes veciños “ante a falta de resposta eficaz e rápida por parte de goberno galego e a empresa á que paga para que realice este servizo e que incumpre de forma sistemática o prazo de cinco días hábiles establecidos para atender a demanda dos veciños”.

 Ante esta situación a colaboración de Gondomar concretouse na acción de tres expertos apicultores que de forma desinteresada atendían as chamadas de veciños quenon eran cubertas polo servizo autonómico do 012, nos prazos fixados. Desde este xoves contarán con traxes de protección integral, luvas e material específico, cedidos polo goberno local, para garantir a súa seguridade en cada intervención que realicen.  ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar achega as aulas da Universidade de Vigo aos maiores do municipio  

​A concellería de Formación, dirixida por Rocío Goberna, e a Universidade de Vigo poñerán en marcha no municipio o programa “Mareas de coñecemento e experiencia”, dirixido a maiores de 50 anos e que se desenvolverá entre os meses setembro e outubro. 

 O programa concrétase nun curso de 15 horas que se estruturará en tres seminarios, con sesión divulgativa e práctica, que abordarán cuestións como “Saúde e Benestar”, “Arte e Historia” e, por último, “Tecnoloxía: uso das ferramentas no teléfono móvil”, todos eles impartidos por profesorado da Universidade de Vigo.

​O alcalde, Paco Ferreira, agradece este tipo de proxectos académicos como o da formación universitaria para os maiores de 50 anos porque “é fundamental que sigan activos e facilitarlles as ferramentas e medios para que sexa así, para que gocen da súaterceira mocidade e sigan achegando a nosa sociedade tanto como fixeron ata o de agora”. ...leer más...

#GONDOMAR ​A carpa informativa sobre compostaxe sae de novo á rúa en Gondomar

Informar de primeira man as vantaxes que a reciclaxe dos residuos orgánicos xeran no noso  medioambiente e na economía local son algúns dos obxectivos desta nova acción, que se desenvolverá coincidindo coa celebración do mercado semanal. 

 ​Entre as 10.00 e as 13.00 horas deste martes 8 de xullo, instalarase unha carpa ante o Centro  Neural na que a mestra composteira de Gondomar e técnicos da Deputación Provincial informarán sobre o proceso de compostaxe, as súas vantaxes e animará á veciñanza para solicitar un composteiro individual no que reciclar os residuos orgánicos que xeran nas súas vivendas, unha iniciativa que tivo unha gran acollida no municipio no que se repartiron xa máis de 240 contedores para este fin.

 Ademais informarán sobre a existenza e o funcionamento dos dous centros comunitarios que existen en Gondomar, situados no Parque das Ánimas e xunto ao supermercado Froiz, que dan servizo aos residentes en edificios do centro do municipio.  ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar repartiu  xa máis de 250  composteiros  na  súa  aposta  pola  reciclaxe

​Hoxe efectuouse a décima entrega á que se sumarán máis nos próximos meses atendendo a demanda dos veciños, que desde o primeiro momento mostraron gran interese pola iniciativa. 

 O concelleiro de Medioambiente, Brais Misa, acompañado pola  mestra  composteira, Karina  Pereria, realizaron esta nova entrega aos veciñas e veciños que previamente solicitaran un composteiro individual para as súas vivendas. Ata o momento xa se sumaron a esta iniciativa máis de 250 persoas, apostando pola política ambiental que vén desenvolvendo o goberno local esta lexislatura. 

 Neste sentido Gondomar segue traballando pola reciclaxe e a sustentabilidade como unha dos seus acenos de identidade. Así o lembrou o concelleiro Brais Misa, quen aproveitou a ocasión para agradecer a implicación das veciñas e dos veciños  nestas iniciativas que favorecen a redución de residuos e suliñou aos presentes todas as vantaxes que reportan á contorna e á economía local. ...leer más...

#GONDOMAR Ferreira despide aos participantes do minicampamento de igualdade “Cocreando”

​A iniciativa, que se desenvolveu durante o mes de agosto, propuxo aos seusparticipantes iniciativas e xogos cuxo obxectivo principal era sensibilizar ás novas xeracións na loita pola igualdade.

 Organizados pola concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra, estes minicampamentos marcáronse como obxectivo prioritario “alentar o pensamento crítico nos seusparticipantes, facéndolles cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.

Así mediante xogos, concursos ou vídeos os participantes podían descubrir e debater sobre os estereotipos sociais que están plenamente integrados no noso día a día e sobre os que se busca que se senbilicen para lograr que a igualdade entre homes e mulleres sexa unha realidade.  ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar ofrece á Xunta de Galicia espazos educativos para facilitar o cumprimento de ratios na volta ao colexio

A iniciativa, proposta polo alcalde e apoiada pola oposición, propón recuperar as antigas escolas unitarias do municipio e apostar por unha educación máis próxima.

 O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, poñerá ao dispor da Xunta de Galicia as instalacións das antigas “Escolas unitarias” do municipio para o seu uso na volta ao cole o próximo mes de setembro, e así favorecer a repartición de alumnos en máis aulas garantindo, na medida da posible, un ratio inferior nas clases como recomendan as autoridades sanitarias ante o avance dos rebrotes da COVID19.

Tal e como expuxo na reunión, celebrada este luns, ofreceránse un total de 7 centros, concretamente, as instalacións das escolas de San Cibrán, Moreiras e Nande(Mañufe), Borreiros, Prado, Vilas e Fraga, ao que se suman tamén espazos públicos como a Casa da Cultura ou os pavillóns municipais “se a consellería de Educación requiríseo”.  ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar informa os veciños sobre a súa obrigación de manter limpas as leiras para evitar o risco de incendios

O goberno local, a través da concellería de Medio, distribuirá preto de 3000 dípticos que lembran a obrigación dos veciños de manter limpas as súas propiedades para evitar que os incendios poidan achegarse a zonas habitadas, máxime nestes meses en de máximo risco.

 ​O díptico, recolle de forma gráfica e clara, as distancias mínimas que deben manterse entre as masas arbóreas e novas plantacións nos diferentes ámbitos nos que é responsabilidade dos veciños a limpeza. 

 Así, por exemplo, sinálanse os metros que deben manterse libres en perímetros urbanos, núcleos rurais e chans urbanizables delimitados; no caso das autoestradas ou estradas convencionais; ou, a superficie que debe manterse limpa no caso de vivendas illadas, depósitos de lixo, canles fluviais ou cultivos agrícolas entre outros. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar apraza a programación cultural de verán

 n n

Ante o continuo incremento de contaxios de covid19 que se rexistran en Galicia a concellería de Cultura apraza como medida de prevención as actividades programadas ata finais deste mes. 

 ​Gondomar decidiu aprazar o programa cultural que viña desenvolvendo desde o pasado mes de xullo ante a preocupante escalada no incremento de contaxios da covid19 que se están a rexistrar en Galicia. “Preferimos previr e poñer os medios que sexan precisos para non correr riscos ante as cifras que estanse a rexistrar no noso país”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

​En total veranse afectadas seis actividades previstas para os dúas últimas fines de semana, ás que se suman as tres aprazadas fai sete días tras confirmar fontes sanitarias un brote de covid19 no municipio. ...leer más...

#GONDOMAR APRAZAMENTO ACTOS CULTURAIS E TURÍSTICOS DA SEMANA

O goberno de Gondomar despois do coñecemento da existencia dun gromo de COVID19 na localidade (7 persoas segundo a información do SERGAS) e como medida de prevención anuncia o aprazamento da axenda cultural e turística programada para esta semana.

Súmase a entidade local de Morgadáns que tamén, como medida preventiva, suspende todas as actividades previstas no programa da semana cultural que arrrancaba esta fin de semana.

Ao mesmo tempo faise un chamamento á responsabilidade cidadá no cumprimento do uso da máscara e o mantemento da distancia interpersoal de 1,5 metros.aplazado.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar súmase á celebración do Día Mundial da Mocidade

Recoñecer o labor dos mozos e o seu compromiso coa nosa sociedade é unha das ideas que o goberno local quere lembrar este mércores, 12 de agosto, xornada na que se celebra o Día Internacional da Mocidade, e con tal motivo entregaranse aos mozos/as que acudiron á oficina da OMIX unha chapa reivindicativa. 

 ​“Aquí está a mocidade de Gondomar”, é o lema que luce nestas chapas coas que se quere celebrar esta xornada, institucionalizada pola Asemblea Xeral das NaciónsUnidas en 1999,  e coa que se subliña cada ano o papel fundamental dos mozos nos procesos de cambio, así como a necesidade de darlles voz e de fomentar as súas acciónse iniciativas.

​Unha idea que o goberno de Gondomar ten moi clara e que vén defendendodesde a concellería de Xuventude a través da organización diferentes iniciativas aolongo do ano. Con elas búscase a implicación directa e indirecta das novas xeracións“que teñen moito que achegar e ideas que podemos ter en conta como elementos xeradores de cambio”, afirma o rexedor Paco Ferreira, quen lembra que ou 14% da poboación do concello ten entre os 15 e 30 anos, segundo os datos do INE do ano 2019. ...leer más...

#GONDOMAR NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA "DESCOBRE GONDOMAR"

O goberno de Gondomar, a través da súa concellería de Turismo, desenvolverá durante o mes de agosto unha nova edición deste programa de roteiros guiados na que se achegará aos participantes a distintos puntos de interese que existen no municipio.

Será precisa a reserva de praza previa a través do correo [email protected]concellodegondomar.gal ou no teléfono 678 874 985. Os grupos serán de 25 persoas e as prazas asignaránse por orde de solicitude.

“Descobre Gondomar” arrincará ás 11.00 da mañá este próximo xoves, día 13 de agosto, cunha visita guiada por Gondomar, partindo da Praza Paradela, ata o acceso do Pazo do Conde, roteiro que se repetirá os días 18 e 25 de agosto.

O programa este ano completarase cun percorrido en torno á marxe do río Miñor que se desenvolverán os días 20, 24 e 27 de agosto, que dará a oportunidade a quen se some a esta camiñada de coñecer e contemplar as pezas etnográficas e paraxes naturais da contorna. ...leer más...

#GONDOMAR CLAUSURA DO OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CÓMICS

Os cativos e cativas que participaron no obradoiro de creación de cómics, organizado pola concellería de Xuventude, despedíronse hoxe desta iniciativa amosando a súa calidade como artistas e a madeira que teñen como futuros/as ilustradores gráficos.

Durante unha semana aprenderon as nocións básicas para dar forma ás historias que querían plasmar nas viñetas e convertilas en divertidos e orixinais cómics que esta mañá amosaron durante a clausura do obradoiro.

A iniciativa forma parte das actividades que nos meses de xullo e agosto organizáronse dende o goberno pensando en dar alternativas a mocidade axustándose sempre ás normas que rixen na chamada «nova normalidade».

Te adjunto fotos (en cabecera la del grupo) El resto si quieres añadirlas todas al final perfecto, o si no un par de ellas. ...leer más...

#GONDOMAR NOVA CITA COA CULTURA EN GONDOMAR

Todo preparado xa para gozar dunha nova fin de semana en Gondomar de espectáculos de música, teatro e cine. O programa “Cultura de verán” encherá de novo a Praza da Paradela de música e teatro. Este venres a partir das 22.00 horas podermos bailar ao son dos temas de rock do grupo local “The Riggos”, e o sábado, día 8, turno para o teatro familiar coa representación da obra “Running” na Praza da Paradela ás 22.00 horas.

A cita semanal co “Cinema na Rúa” traslada este domingo 09 de agosto a pantalla ata San Roque (Morgadáns) onde grandes e pequenos poderán gozar da película de animación “El parque mágico” a partir das 22.00 horas.

Todos os espectáculos desenvólvense garantindo as distancias interpersonales necesarias e as medidias hixiénico-sanitarias esixidas polas autoridades sanitarias como medida de prevención de posibles contaxios da covid19. ...leer más...

#GONDOMAR EN MARCHA UN NOVO MINICAMPAMENTO PARA OS MÁIS NOVOS

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro dirixido aos máis mozos facilitándolles opcións no seu tempo libre e sempre suxeito o seu desenvolvemento as normativas vixentes en materia hixiénico sanitaria e de prevención fronte á covid-19.

Dende este pasado  luns ata o día 10 de agosto desenvolverase o «Obradoiro cómic», organizado pola concellería de Xuventude, no que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas deste tipo de ilustracións, podendo escoller entre manga, cartoons ou superheroes.

Dende o goberno de Gondomar faise un esforzo por organizar este tipo de pequenos campamentos adaptados a nova normalidade que estamos a vivir, para atender as demandas da mocidade e ao mesmo tempo facilitar, na medida do posible, a conciliación familiar nestes días de verán.TALLER DE COMICS 1 - copia.jpg ...leer más...

#GONDOMAR A feria semanal regresa a Gondomar estreando unha nova ubicación en “As Cercas”

Un total de 33 postos de venta ambulante reanudaron este martes o mercadillo semanalde Gondomar que ademáis de cambiar a súa data de celebración dos sábados aosmartes, estreou o que será a súa nueva ubicación: a explanada das Cercas. Esta nova etapa foi consensuada coas asociacións de comerciantes implicadas e permitirá minimizar os riscos de contaxio da covid19.

 

As Cercas facilita unha maior extensión de terreo que permite que a colocación dos postos e a circulación dos usuarios sexa máis segura, o crearse un circuito no que se garante o distanciamento social, á vez que se respetan o resto de medidas hixiénicosanitarias como o uso das máscaras o do xel nos postos.

 

A nova ubicación permitirá ademáis celebrar a feira semanal sen eliminar ningunha praza de aparcamento, tal e como si ocurría na Praza de Rosalía, espazo no que celebrouse durante os últimos anos. ...leer más...

#GONDOMAR VIOLENCIA ZERO. MULLERES EN ACCIÓN VOLTA A GONDOMAR

n  A Praza Paradela acollerá este mércores 29 de xullo unha nova acción do programa que a Deputación de Pontevedra ven desenvolvendo nos cinco anos baixo o título «Mulleres en acción: violencia zero».n  n O mércores a partir das 12.00 poderemos asistir a «acción» da artista Zeltia que, entre outros obxectivos, visibiliza á a muller como símbolo de saúde, defensora da vida. Muller loitadora e valente. Unha acción na que busca «facer rexurdir a figura da muller a través da música e dos elementos ambientais nun símbolo de cambio».n  n Mulleres en Acción. Violencia zero é un proxecto promovido pola Deputación de Pontevedra co que, no espacio público e a través de accións artísticas, se reivindica a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e unir forzas para acabar con ela.n   n Fuente: Concello de Gondomar

#BAIONA «Somos Iguais. Contos pola Igualdade» con Raquel Queizas

A praza Victoria Cadaval de Sabarís, acollerá o vindeiro xoves 23 de xullo ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título “Somos Iguais. Contos pola Igualdade “.A actividade dirixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.n

Nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!n

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.n ...leer más...

#GONDOMAR DEPORTE E DIVERSIÓN PARA TODOS/AS EN GONDOMAR

O goberno de Gondomar segue a traballar para ofrecer novas e diferentes actividades a veciñanza nos meses de verán, sempre adaptadas as novas normas hixiénico sanitarias que exixe a nova normalidade que estamos a vivir.

Dende a concellería de Deportes convidannos a todos e todas a participar nos cursos gratuitos de ZUMBA e GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas) que vanse desenvolver todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

As clases de Zumba impartiránse todos os martes, a partir de mañá día 14 de xullo, entre as 21.00 e as 22.00 horas nas pistas de baloncesto de As Cercas. Abertas a todas as idades, só tedes que acercarvos e facer deporte ao ritmo da música.

As sesións de GAP terán lugar todos os xoves, a partir do 16 de xullo, entre as 21.00 e 22.00 horas no mesmo esceario: as pistas de baloncesto de As Cercas. Non deixedes de vir y participar!! ...leer más...

#GONDOMAR GONDOMAR ORGANIZA OBRADOIROS DE TECNOLOXÍA E COMICS PARA A MOCIDADE

Nestes momentos nos que estamos a adaptarnos a «nova normalidade» imposta pola covid19 no concello Gondomar seguimos a traballar para facilitar a conciliación familiar.

Dende a Concellería de Xuventude desenvolveránse dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

Do 27 ao 31 de xullo realizaremos un CAMPUS TECNOLÓXICO. Nel iniciaranse na robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.

Do 3 ao 10 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase un Obradoiro de Comic, dirixido a rapaces de entre 9 e 17 anos podendo elexir o seu estilo favorito: Manga, Cartoon ou Superheroes. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar abre o prazo de solicitudes para o comedor escolar do curso 2020-21

DJI_0137.jpg

Os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Municipal entre os días 15 de xullo e 15 de agosto.

 A concellería de Benestar Social do concello abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.

Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar aposta pola eficiencia enerxética e o aforro no consumo eléctrico  

CAMBIO PUNTOS DE LUZ LED.jpg

​O goberno local traballa na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñasen todas as parroquias nas que continúa substituíndo o uso de lámpadas con elementos halóxenos por leds nunha clara aposta pola eficiencia enerxética.

 A última actuación desenvolveuse entre os puntos de luz situados na estrada desde Areíña, na parroquia de Vilaza, ata o centro urbano. En total ata o momento substituíronse máis de 150, un traballo que “seguiremos desenvolvendo en todas asparroquias ata chegar a cada esquina do termo municipal”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

​Lembrou que estas actuacións enmárcanse nas políticas do goberno que apostan de forma decidida pola eficiencia enerxética. Os cambios realizados ata o momento permitirán un aforro no consumo eléctrico do alumeado público de ata un 70 %. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar organiza minicampamentos infantís para facilitar a conciliación familiar

Cartel MINICAMPAMENTO COEDUCACIÓN.jpg

 

“Cocreando en Igualdade” é o título baixo o que se desenvolverán estas actividades que se dirixen a nenos/as de entre 6 e 12 anos co fin de sensibilizalos ante cuestións tan actuais como é a igualdade de xénero. 

 O alcalde, Paco Ferreira, explica que “a pandemia nos ha obrigado a adaptarnos a unha nova realidade respectando normas hixiénico-sanitarias e de seguridade social, pero desde o primeiro momento traballamos para buscar opcións educativas e lúdicas para os máis cativos das casas facilitando con elas a conciliación de familias cuxos paise nais traballan”.

 Con este fin desenvolveranse durante o mes de agosto dous campamentos baixoo lema “Cocreando en Igualdade”, organizados pola concellería de Igualdade e financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra. Entre os seus obxectivos, “alentar o pensamento crítico en nenos e nenas, facéndose cuestionar os roles establecidos na sociedade por razón de sexo”.  ...leer más...

#GONDOMAR APRAZADO "CINEMA NA RÚA" NA PRAZA PARADELA O PRÓXIMO DOMINGO

YESTERDAY GALLEGO.jpg

A cita co cine prevista no programa de verán para este domingo 12 de xullo (22.30 horas) naPraza Paradela SUSPÉNDESE e aprázase a proxección da película «Yesterday».

 

Esta actividade inclúese no programa «Cinema na rúa»que durante os meses de xullo e agostolevará cada domingo o cine ás parroquias do municipio, 

achegando ao público familiar títulos como “Ralph rompe internet”, “Aladdín”, “Mascotas 2” o “El regreso de Mary Poppins”.

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gondomar pon en marcha a rehabilitación do antigo centro de saúde do municipio

centro salud reforma 1 (1).jpgcentro salud reforma 3 (1).jpg

O edificio, de titularidade municipal, tras o cesamento da actividade sanitaria rehabilitarase e acondicionarase para albergar no seu interior usos administrativos.

 Danse os primeiros pasos nos traballos de reforma e acondicionamento do antigo centro de saúde para poñer en marcha, en canto sexa posible, a reestruturación dos departamentos do concello de Gondomar anunciados no seu momento polo rexedor, Paco Ferreira. 

Tal e como adiantou no seu día o alcalde, cando se procedeu ao traslado do centro de saúde ás súas actuais dependencias en As ánimas, iniciará a súa rehabilitación e adaptación de espazos para trasladar a el diferentes departamentos que se situarán nun mesmo lugar “para facilitar aos cidadáns a súa xestión diaria cando se achegan ao consistorio”. ...leer más...

#GONDOMAR Gondomar reforza o seu persoal coa incorporación de 18 novos traballadores

recepción operarios 7.jpg

O alcalde, Paco Ferreira, fai fincapé na necesidade de adoptar as medidas necesarias para xerar emprego no municipio “facilitando o acceso a un traballo a aquelas persoas que máis o precisan”.

 O concello de Gondomar a través de diversas subvencións apostou pola xeración de emprego “porque vivimos momentos difíciles neste sentido”. Desta forma, dependendo do caso, 18 persoas incorpóranse ao persoal durante seis ou nove meses ocupando diferentes funcións, segundo as necesidades.

Nesta ocasión, a través de diferentes subvencións, contratáronse 11 peóns de obra pública, dous auxiliares administrativas, 1 padeeiro, e un tractorista. Tamén se sumará unha técnica para a área de turismo, unha enxeñeira forestal, e unha  mestra  composteira. Esta última traballadora, contratada no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial, inicialmente ten un contrato por un ano.  ...leer más...

#GONDOMAR NOVA ENTREGA DE COMPOSTEIROS

entrga composteiros t3.jpg

Gondomar traballa para ser un referente de municipio verde e sostible e nese senso temos como obxectivo prioritario reducir, na medida das nosas posibilidades, a pegada ecolóxica no mundo.  Na consecución deste fin é fundamental contar coa colaboración e implicación da cidadanía que aposta pola compostaxe.

Dende a concellería de Medioambiente e Transición Ecolóxica, dirixida polo edil Brais Misa, fixeron unha nova entrega de composteiros individuais, no marco do Plan Revitaliza da Deputación Provincial. En total, sumando os composteiros facilitados polo gobernó local,  nun ano repartíronse preto de 250 repartidos entre a veciñanza que aposta pola reciclaxe..

n Fuente: Concello de Gondomar