[GONDOMAR] Mañá abre o prazo de inscrición para o concurso- desfile de comparsas do Entroido 2014

O horario será de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar ata o sábado 15 de febreiro

As bases xa se poden consultar na páxina web do concello: www.concellodegondomar.info

Un ano máis a Concellaría de Festexos de Gondomar organiza o tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do ‘Entroido 2014’ que se celebrará o domingo día 2 de marzo a partir das 16.00 horas.

Aquelas comparsas que desexen participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar. O prazo de inscrición rematará o sábado, día 15 de febreiro ás 13.00 horas.

Cada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:

AGRUPACIONS REXISTRADAS:

  • Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia
  • Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.
  • Una declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa algunha.
  • E certificación de atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e coa seguridade social.
  • Orixinal de certificación de conta bancaria

AGRUPACIÓN INFORMAIS:

  • Certificación do código de Conta Cliente da entidade Bancaria
  • Copia do DNI do representante
  • Folla de firmas cuberta e completa

Para as comparsas máis orixinais haberá premios:

  • 700 euros 1º clasificada
  • 600 euros 2º clasificada
  • 500 euros 3º clasificada
  • 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.

As bases xa se poden consultar na páxina web do concello: www.concellodegondomar.info

Fuente: Concello de Gondomar