ESQUERDA UNIDA PIDE QUE O CONCELLO DE NIGRÁN FISCALICE O SERVIZO DE ABASTEVEMENTO DE AUGA

Esquerda Unida pide a creación dun observatorio das contratas do Concello de Nigrán.

Esquerda Unida pedirá a remunicipalización da concesión do auga no ano 2017.

Ante as novas sobre problemas no abastecemento de auga no Porto do Molle, Esquerda Unida pide a máxima transparencia e claridade, para tranquilidade da poboación. Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán resulta lamentable que na páxina oficial do Concello non apareza dita recomendación, feito que non serve para a tranquilizar a poboación e un signo da opacidade coa que xestiona en Nigrán calquera tipo de problemática. Ante a posibilidade de que a causa estea nas infraestruturas, tamén pide que conforme aos pregos polo que se rexe o contrato de abastecemento de auga fiscalice especialmente o mantemento e infraestruturas co servizo, ao obxecto de mantela mesma no mellor estado até a finalización da concesión, que ocorrerá en 2017.

Esquerda Unida presentará unha moción no seguinte pleno municipal para que as medidas de fiscalización do contrato de abastecemento de auga que ten que estar adoptando o concello de Nigrán se fagan públicas. Tamén pedirá a creación dun observatorio onde participarían os grupos municipais, as seccións sindicais do concello, os comités de empresa das grandes concesionarias públicas e mesmo o tecido veciñal e asociacións de consumidores, serviría para ter un organismo plural e apartidario de seguimento do grado de cumprimento dos pregos desta e outras concesións, algo que da a impresión que non se fai no concello. Por último pedirá que o Goberno Municipal a que publique na páxina web do concello de Nigrán os resultados das analisis efectuadas da auga subministrada á poboación.

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán o abastecemento do auga ten que ser xestionado publicamente, xa que é un recurso natural e un ben universal polo que o acceso a ela ten que ser garantido como un dereito humano. É por iso polo que incluirá nos programas para os procesos de converxencia de cara as eleccións municipais a remunicipalización do abastecemento do auga, aproveitando a finalización da concesión de AQUALIA no ano 2017.

O obxectivo irrenunciable de Esquerda Unida é evitar a xestión privada de calquera das fases do ciclo integral da auga e tanto o artellamento dunha política de taxas e canons claramente progresiva, social e medioambientalmente sostibles.