[GONDOMAR] O Club de Patinaxe Artística CPA Gondomar organiza unha exhibición benéfica

O Club de Patinaxe ArtísticaCPA Gondomar organiza este venres día 19 de decembro ás 20:00 horas unha exhibición solidaria no polideportivo de Donas co fin de recoller alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio que posteriormente serán repartidos polo Concello de Gondomar.

Os 50 integrantes do club gondomareño, así como convidados de clubs amigos como o Club Porriño, Club Condado, Club Eixo ou Club de Soutomaior, realizarán bailes individuais, de grupo e de espectáculo nunha xornada na que todos os asistentes pdorángozar dun chocolate quente como broche final.

O club de patinaxe artístico CPA Gondomar busca así celebrar o primeiro aniversario do club e celebrar os éxitos obtidos durante as tempada e xuntar solidariedade en beneficio de todos os veciños nestas datas tan sinaladas.

Fuente: Concello de Gondomar