ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA PRESENTA UNHA INICIATIVA PARLAMENTAR SOBRE UN PROXECTO DE OCUPACIÓN DA BEIRA DO RÍO MIÑOR EN RAMALOSA

Alternativa Galega de Esquerda vai a presentar unha iniciativa parlamentar para que a Xunta de Galicia avalíe o impacto dun proxecto de Invernaxe e Almacenamento de Embarcacións Deportivas que se pretende realizar no río Miñor.

As organizacións que forman parte de Alternativa Galega de Esquerda consideran que dita actividade pode afectar a ZEC A RAMALLOSA, dado que se van as embarcacións deben someterse a probas de estanquidade no mar e os seus motores deben poñerse a punto e probarse no mar, polo que en caso de que estas probas de estanquidade non sexan correctas é previsible que se poda producir contaminación no río Miñor.

Tamén pode verse afectada dita zona polo aumento do tráfico marítimo.

Tamén consideran inadecuado que unha zona do dominio público maritímo-terrestre pase a ser explotado por unha empresa privada, en vez de pasar ao uso público. É de especial gravidade aparentemente tamén se ocupa a servidume de tránsito durante os 75 anos para os que se pide a concesión, polo que queda hipotecada durante xeracións a posible realización dun paseo fluvial a beira do río Miñor.