Asemblea popular de IU no Centro Cultural “O Torreiro”

O venres, 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Cultural “O Torreiro” de Priegue, ASEMBLEA POPULAR para debater sobre a formación dunha candidatura ao concello de Nigrán.

Desde Anova, Esquerda Unida e persoas independentes lanzamos unha iniciativa electoral para conseguir que as veciñas e os veciños de Nigrán deixemos de ser só sufridores e pagadores de impostos e pasemos a gobernar no que é noso, ou sexa:

– Para decidir sobre as condicións de vida nas nosas parroquias e no conxunto do concello.

– Para que a igualdade de dereitos e o seu exercicio non dependan da amizade ou inimizade co gobernante de turno: queremos que desapareza o caciquismo.

– Para que a transparencia e a participación veciñal sexa o modo natural de facer política.

Procuramos un concello honesto na gobernanza, reflexo da honradez da xente de Nigrán, que faga desaparecer o ambiente de favoritismo e corrupción en que vivimos.

Queremos un concello volcado na búsqueda de solucións para os problemas máis inmediatos de todas as veciñas e os veciños de Nigrán, e non dunha minoría.