Constituirase a asemblea popular que dará amparo e cobertura

Constituirase a asemblea popular que dará amparo e cobertura á CANDIDATURA UNITARIA AO CONCELLO DE NIGRÁN de Anova, Esquerda Unida e persoas independentes.

O pasado venres constituiuse a asemblea popular que dará cobertura social á Candidatura de Unidade que se presentará ás eleccións municipais de maio no Concello de Nigrán, baixo a fórmula de coalición que se formula a nivel de Galicia, aberta a calquera outro partido que así o decida e que sexa aceptado a nivel local.

Aprobouse o Regulamento da asemblea e da candidatura, reflectíndose nel a supeditación das persoas electas ás decisións asemblearias.

Primarias. Abriuse o período de constitución do censo de votantes ás Primarias da candidatura, así como para a presentación de candidatas e candidatos para a lista electoral. Haberá unha votación especial para escoller a persoa que vai encabezar a candidatura. O día 11 de abril celebraranse as Primarias e o 12 proclamarase a lista de persoas que ocuparán os 9 primeiros lugares da candidatura.

Aprobáronse tamén o Código Ético que deberá ser asumido polas persoas candidatas a concelleiras e concelleiros e os Principios Programáticos que toda a asemblea asume como propios e para a candidatura.

Estes documentos serán publicitados de inmediato no facebook de Nigrán Decide.

Para contactar con NIGRÁN DECIDE: nigran.decide@gmail.com ou no teléfono: 609500443