Asemblea por unha candidatura de unidade en Gondomar para as Eleccións Municipais de 2015

Veciños/as sen afiliación política, ANOVA, Esquerda Unida Gondomar e Asinantes por unha Agrupación de Electores convocan, o vindeiro venres 6 de Marzo ás 20:00h, no Centro Neural de Gondomar, a todo/as os/as veciños/as a unha asemblea aberta para a constitución dunha candidatura de unidade popular para as vindeiras eleccións municipais.

Despois de anos de ineficacia na xestión municipal, escándalos de corrupción e repetidas traizóns á confianza do electorado, o Concello atópase nunha situación de evidente precariedade. A única forma de cambiar este tipo de gobernos é a da presentar unha forza de raíz veciñal que represente os intereses da maioría do pobo, cambiando a forma de facer política.

Dende administración local, a máis achegada ao pobo, poden solucionarse unha gran cantidade de problemas que a xente do común debe enfrontar cada día. É preciso por iso deixar de lado as cuestións persoais e partidistas para iniciar un proceso de confluencia que permita o cambio que a sociedade local demanda e que poida representar unha esperanza real nas eleccións municipais do vindeiro 24 de Maio.

Contacto:

gondomarconcelloaberto@gmail.com

6166333273 – Josué

636246670 – Jimena