NIGRÁN DECIDE AMPLÍA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS PRIMARIAS

PRAZO PRIMARIAS. A Candidatura de unidade NIGRÁN DECIDE, ampliou o prazo para inscribirse como votante nas primarias, até o mesmo día da votación, que se celebrará o sábado, 11 de abril, entre as 16:00 e as 19:00 horas, no Bar O Ramal, no Torreiro de Priegue (Nigrán).

ASEMBLEA. Por outra parte, o vernes, 10 de abril, ás 20:00 horas, a candidatura fará unha asamblea na que se presentarán as persoas que se postularon para formar parte da candidatura. Dita asamblea terá lugar no local da AAVV Dunas, de Nigrán, situada na “Escola de nenas”, camiño do Labrego, nº 10, no Ceán, na parroquia de Nigrán, detrás da Biblioteca.