SILVANO MONTES, PROPOSTO PARA ENCABEZAR A CANDIDATURA DE CONVERXENCIA NA QUE PARTICIPARÁ ESQUERDA UNIDA

A asemblea local de Esquerda Unida en Baiona, elixiu ao actual coordinador local, Silvano Montes Sánchez, como candidato á alcaldía de Baiona nas unnamedpróximas eleccións municipais do mes de maio.

A elección por parte da asemblea de Silvano Montes como alcaldable debeuse tanto ao coñecemento que ten do Concello de Baiona, como por ser a persoa que coordinou o traballo político realizado por Esquerda Unida en Baiona, nestes dous últimos anos.

Silvano Montes Sánchez, incorporouse a Esquerda Unida hai 2 anos.

Tras unha longa carreira profesional na Empresa Pública Paradores de Turismo, nas que desenvolveu unha ampla actividade sindical, chegando a ser Presidente do Comité Intercentros, fué un dos afectados polo ERE que sufriu a devandita Empresa.
Na actualidade, e coa finalidade de ampliar coñecementos, encóntrase na Universidade de Vigo realizando Graduado Universitario Sénior.

A Silvano Montes tamén se lle encargou establecer contactos con outras forzas políticas, colectivos sociais e persoas independentes, de cara a formar unha candidatura de confluencia sobre as bases programáticas e código ético recentemente presentadas. Silvano Montes sería a proposta de Esquerda Unida para encabezar dita candidatura.