Acto de «NIGRÁN DECIDE» en CAMOS

aaEN CAMOS, ACTO DA CANDIDATURA NIGRÁN DECIDE – SON, ORIENTADO ÁS PARROQUIAS DO INTERIOR

Este sábado 9 de maio, as 19:30 horas, esta candidatura, formada por persoas independentes e outras integrantes de ANOVA, ESQUERDA UNIDA e PODEMOS, realizará un acto público no Centro Cultural de Camos, orientado ás parroquias do interior de Nigrán e as súas problemáticas, como poden ser o transporte público, o mantemento de camiños e víais, o abastecemento de auga e o saneamento.

Neste acto, que será presentado por persoas veciñas de Camos, intervirá o Candidato á alcaldía de NIGRÁN DECIDE –SON, José Cuevas Raposo.