ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015: NIGRÁN DECIDE

unnamedNIGRÁN DECIDE – SON é unha candidatura formada por persoas integradas en Anova, Esquerda Unida e Podemos, así como outras independentes. Preséntase dentro da coalición electoral SON, constituída en toda Galicia.

A base organizativa desta candidatura é unha asemblea popular na que se integran todas aquelas persoas que asumen os Principios Programáticos e o Regulamento da candidatura aprobados no seu día; as concelleiras e concelleiros electos deberán asumir as decisións que se adopten nesta asemblea popular que se reunirá, cando menos, nas datas previas a cada pleno municipal para debater e aprobar, no seu caso, os posicionamentos que esixan o día a día do concello.

Consideramos necesario un cambio de rumbo no Concello de Nigrán: fundamentalmente, que se goberne para todas as persoas que viven no municipio e non só coa mentalidade posta nunha minoría afecta ao Partido Popular, ou en intereses propios ou de partido: a corrupción e a especulación urbanística son algúns dos sinais de identidade de Nigrán. Queremos evitar que o nome de Nigrán continúe ocupando espazos nas páxinas de sucesos, como ocorreu en reiteradas ocasións ao longo destes catro anos, cando tiveron que dimitir concelleiras e concelleiros do PP por estar imputados en ilegalidades de distinta índole.

NIGRÁN DECIDE – SON presenta nestes comicios unha alternativa dinámica, renovadora na forma de gobernar e dedicada á búsqueda de solucións aos problemas máis inmediatos das persoas, de todas as persoas; como tamén na elaboración de propostas de desenvolvemento e de mellora das condicións de vida de todo o pobo de Nigrán.

As concelleiras e concelleiros electos deberán asumir o Código Ético aprobado; un Código Ético que garantiza o desempeño das súas responsabilidades con lealdade á asemblea e ao Programa Político da candidatura e con total transparencia.

Establécese unha limitación salarial por un importe de tres veces e media o salario mínimo interprofesional para dedicacións exclusivas; subscribirán un compromiso de transparencia e rendición de contas ao longo e ao final da súa actividade como representantes; limítase o mandato a dous períodos electorais, admitíndose unha prórroga de outros catro anos, sempre que a asemblea así o decida.

O Programa de NIGRÁN DECIDE – SON será sometido a aprobación da asemblea que sustenta a candidatura o día 8 de maio, despois de que se fosen publicando e debatendo os distintos borradores durante as últimas semanas a través do blog da candidatura e do facebook, así como de maneira presencial.

En materia de urbanismo, dados os informes negativos da Xunta de Galicia e dos técnicos do propio Concello, e a imposibilidade real de corrixir o documento mediante a mera cesión do contrato, proporemos o aproveitamento da documentación que poida valer e unha nova licitación da redacción do PXOM. O novo PXOM debe estar tecnicamente ben elaborado e baseado en criterios científicos e tendo en conta o futuro económico e demográfico de Nigrán, así como a propia situación xeográfica do concello, e non sometidos ao capricho dun alcalde nin aos intereses dun grupo minoritario.

Dedica o noso Programa, neste tempo de dificultade, especial atención á búsqueda de solucións para os problemas máis inmediatos das persoas: o dereito a unha vida digna da xente maior e da máis nova; o dereito á igualdade, a defensa dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos; os dereitos da mocidade; o acceso á cultura e á práctica do deporte; alternativas para a mellora da saúde…

En materia de Economía e Emprego preséntase un catálogo de medidas para a promoción das persoas en paro, nomeadamente en función das necesidades das actividades económicas de Nigrán.

NIGRÁN DECIDE – SON fai un especial fincapé na práctica da TRANSPARENCIA na actividade política, así como na esixencia de que se establezan as canles e os sistemas necesarios para facilitar a DEMOCRACIA e a PARTICIPACIÓN CIDADÁ, máis alá do exercicio do voto cada catro anos.

Candidatura NIGRAN DECIDE–SON (SON)

  1. JOSE CUEVAS RAPOSO
  2. ANXO DANIEL MOSQUERA NOGUEIRA
  3. MARIA LUISA FERNANDEZ BENITEZ
  4. ELBA MANEIRO CRESPO
  5. MARIA NIEVES COSTAS RODRIGUEZ
  6. JOSE MANUEL FIGUEROA FAJO
  7. LUCIA CID CABIDO
  8. MARIA DO CARME GIRALDEZ FERNANDEZ
  9. DIANA GONZALEZ RODRIGUEZ
  10. HUGO RODRIGUEZ CASTRO
  11. BETTY MIREYA LEON FONG
  12. MANUEL BAUTISTA FERNANDEZ
  13. ANTONIO ESTEVEZ GARCIA
  14. JOSE LUIS OUTES RUSO
  15. SUSANA MARIA HERNAIZ VALERO
  16. XOSE MANUEL GARCIA CREGO
  17. CONCHA NOGUEIRA MIGUEL

Suplentes

  1. JACOBO GALLEGO GUISANDE
  2. ROSA MARIA VILA COLLAZO
  3. ALVARO CASTRO GALDO