#BAIONA 16 – 17 de Maio Dias das Letras Galegas.


A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por María Iglesias Fernández, organiza distintas actividades para celebrar “O DÍA DAS LETRAS GALEGAS” na nosa vila.

A xornada do sábado terá un carácter lúdico e estará adicada aos máis pequenos, que contarán con actividades infantís na praza do concello; por unha banda, haberá OBRADOIROS INFANTÍS en horario de 11:30 a 13:30 h. e por outra banda, ás 12 h. terá lugar a actuación infantil XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ a cargo da Familia María Fumaça, co obxectivo de dinamizar a lingua galega entre os nosos cativos.

María Fumaça é un proxecto musical de celebración de vida, no cal participan artistas como Uxía e diversos amigos, que viaxan no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá. María Fumaça nace para agasallar a Rui, o afillado de Uxía, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. O espectáculo nos ensina que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.

A xornada do domingo terá un carácter máis folclórico, tendo lugar o 4º FESTIVAL BAI DE MUIÑEIRAS a cargo da Escola de Danza Vila de Baiona, que comenzará ás 18 h. cun pasarrúas dende o porto pesqueiro ata o paseo Ribeira, e continuará ás 18:30 h. na praza do concello, coa Lectura Homenaxe a D. Xosé Filgueira Valverde, escritor homenaxeado este ano, e acto seguido, actuarán varios grupos folclóricos da provincia de Pontevedra. A xornada rematará coa actuación da Escola de Danza Vila de Baiona e as Pandereteiras de Monteboi, acompañados polo Grupo de Gaitas A Seneira de Baiona.


Fuente: Concello de Baiona