A EURODEPUTADA LIDIA SENRA APOIANDO NIGRÁN DECIDE

aaLidia Senra, deputada de AGE en Europa, estará o sábado 16, ás 12:30 horas na AVV “A Unión”, da Ramallosa, no lugar de Mallón, apoiando a candidatura de NIGRÁN DECIDE (SON). Neste acto, que será presentado por Xosé G. Crego, intervirá tamén José Cuevas, candidato á alcaldía.

Na candidatura de NIGRÁN DECIDE inclúense persoas integrantes de Anova, Esquerda Unida e Podemos, así como outras independentes, e susténtase nunha asemblea popular, con vontade de permanencia, no seo da cal foron aprobados o Código Ético que concelleiras e concelleiros electos deberán asumir, así como o Programa Electoral.