ACTO PÚBLICO DE NIGRÁN DECIDE – SON EN PRIEGUE

O vernes 22, ás 20:00 horas, no local social do Centro Cultural «O TORREIRO» de PRIEGUE, terá lugar o acto de fin de campaña da candidatura NIGRÁN DECIDE – SON no que se celebrará un coloquio sobre a filosofía e o programa da candidatura NIGRÁN DECIDE, así como da problemática da Parroquia de Priegue.

Remata, deste xeito, a campaña de NIGRÁN DECIDE, que está suscitando grande interese e curiosidade, pola novedade na formulación de facer política desta candidatura.