IV ASAMBLEA CIUDADANA DEL CÍRCULO PODEMOS-BAIONA

O sábado 6 de Xuño, as 18:00 horas, celebraremos a 4ª Asemblea do Circulo Podemos Baiona. O encontro terá lugar na sala «Ángel Bedriñana», no denominado Punto de Encontro (xunto á praza de abastos de Baiona), na rúa Carabela La Pinta.

Abordaremo-los temas da validación do círculo, estado da Praza Podemos Baiona e análise dos resultados nas recentes eleccións municipais e autonómicas.
Contaremos con participantes de outros pobos/cidades, e incluso do CCG (Consello Cidadán Galego).

Faremos ao mesmo tempo unha recollida de alimentos en favor da ONG «Ayuda al Mundo Necesitado» de Baiona, polo que pedimos que os que teñades intención de asistir e participar, aportedes o que boamente poidades.

Animádevos a asistir e facer as aportacións que queirades.

unnamed