Trail Montes de Vigo 2015

O próximo día 15/07/2015 (mércores) ás 11:00h no Edificio das Federación Deportivas de Vigo (rúa Fotógrafo Luís Ksado nº17, 36209, Vigo), celebrarase un acto de presentación da proba II Trail Montes de Vigo.

Este ano a carreira patrocinada por Montes de Vigo e coa colaboración organizativa do Clube de Montaña Xistra, será proba oficial do calendario federativo. Polo tanto, este evento gozará da especial característica de ser a primeira vez que unha proba oficial pertencente á Copa Galega de Carreiras por Montaña da Federación Galega de Montañismo vai ser celebrada e discorrerá polo Concello de Vigo.

Nesta presentación está previsto que participen:

  • Don Adolfo Puch Domínguez, Presidente da Federación Galega de Montañismo.
  • Don Uxío González Pérez, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo.
  • Don Henrique Freixeiro Cameselle, Presidente do Clube de Montaña Xistra.