#GONDOMAR IV Carreira Master Concello de Gondomar

O próximo domingo 21 de xuño terá lugar a IV Carreira Master Concello de Gondomar organizada polo Club Ciclista de Gondomar . A saida será as 10:30 na Praza do Concello.

A Carreira con saída dende Gondomar, realizará un circuíto de 15 Quilómetros con suba a Chaín, Morgandans, Peitieiros, Couso e volta a Gondomar, para as categorías de Máster 50 e Máster 60 a carreira finalizará na volta 4 ao chegar a Gondomar cun percorrido de aproximadamente 60 Qm. As categorías Máster 30 e Máster 40 darán 5 voltas ao circuíto cun percorrido total de aproximadamente 75 quilómetros.

Haberá premios para os 3 primeiros clasificados en cada Categoría ademais de especiais META VOANTE no segundo paso da carreira por Gondomar e PREMIO MONTAÑA no terceiro paso da Carreira en Alto Couso no Qm 41.

A inscripción ten un prezo de 10€ e o prazo é ata o 19 de xuño de 2015 preinscrición vía Web ou no propio día da carreira antes as 10:00h no pavillón de deportes de Gondomar ata cubrir cota de 250 participantes.

Fuente: Concello de Gondomar