#GONDOMAR O C.P.A Gondomar primeiro clasificado no Campionato Internacional de Grupos Show

David Figueroa entrenador do Clube, outorgouselle o trofeo ao mellor adestrador do campionato

O grupo de 8 membros del C.P.A Gondomar debutou en Francia o día 6 e 7 de Xuño coa súa coreografía «Cosa de Dos», no Campionato Internacional de Grupos Show có que alcazaron o 1º posto. Isto dalle continuidade á excelente temporada que este grupo de patinadoras alcanzou ata o momento.

Este campionato, deu unha dobre satisfación ao Club, porque a parte de facerse có 1º posto, outorgouselle a David Figueroa, entrenador do C.P.A. Gondomar o trofeo ao mellor adestrador do campionato, entregado polas federacións dos distintos países presentes.

Na súa curta traxectoria, desde o seu inicio, o C.P.A Gondomar, clasificou á maioría das súas patinadoras en postos de podium, e desde o Clube «agradecen a labor levada a cabo polos pais e nais, que son os que realmente corren cos gastos das viaxes e desprazamentos, e que ven neste trofeo, a recompensa ao gran esforzo diario», polo que sinalan que «seguiremos emocionando», en vindeiros campionatos.
O Club pretende seguir incrementando patinadores, poñendo en práctica aas escolas deportivas de cara ao verán, durante os meses de Xuño e Xullo, de onde parte a canteira do Clube, estas actividades, están ligadas ao Concello de Gondomar, mediante a concellería de Deportes, dirixida por Natalia Salgueiro (en funcións), a cal exalza «a grande labor, e esforzo diario, a boa coordinación, dedicación e perseverancia, que fai deste Clube un referente de constancia e tesón», «desde a Concellería de Deportes sentimosnos moi satisfeitos dos logros alcanzados ata o momento, deste e de outros Clubes que fan de Gondomar un referente no mundo do deporte».
O C.P.A Gondomar, desprazará a Reus o día 3 e 4 de Xullo a Miriam Pérez, Iria Boullosa e Denís Alonso, que competirán con aproximadamente 40 participantes no Campionato de España de categoría xuvenil.

Fuente: Concello de Gondomar