#GONDOMAR O Concello de Gondomar adopta un acordo coa Diputación para dixitalizar os seus arquivos

Este xoves tivo lugar unha reunión no Concello de Gondomar á que asistiron o alcalde Paco Ferreira e técnicos da deputación para aceptar o acordo e concretar as datas en que se empece a dixitalizar os arquivos do concello conseguindo asi modernizalo e á súa vez axilizar calquera trámite, non tendo ningún custo para os veciños xa que isto realizase integramente dende a Deputación.

Aproveitouse nesta reunión para ter unha mellor información sobre o proxecto DEPOGAP da deputación de Pontevedra, o cal é un servizo polo cal a deputación se encargaría de realizar un inventario de activos co obxectivo de dotar o concello de información interna para mellorar a súa optimización, ao mesmo tempo que se implantarían ferramentas de xestión de activos de forma centralizada para dar servizo tanto ao concello coma á Deputación.
Paco Ferreira opina que estas accións son as que fan dun concello máis xestionable e transparente logrando así desfacer barreiras e que os tramites sexan máis axiles e modernizar a institución.

Fuente: Concello de Gondomar