#GONDOMAR Un grande éxito no VII torneo escolar de tenis concello de Gondomar

O VII torneo escolar de tenis concello de Gondomar, que se celebrou este pasado fin de semana tivo un grande éxito, este evento deportivo que contaba cunha cota de inscripción de 3€, logrou recadar preto dos trescentos euros, todos eles en beneficio de Desiree .
Inscribironse un total de 120 xogadores, dos cales soamente participaron ao redor de cen. Os participantes, procedían dos concellos de Gondomar, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán As Neves e Vigo.
Desde o clube agradecen «a axuda prestada de todo/as lo/as colaboradores/as pola súa labor desinteresada ano tras ano, sen os cales non sería posible levar a cabo un evento coma este, do concello de Gondomar e da súa concellería de Deportes e salientar o bo comportamento dos deportistas, aos que se lles quere felicitar.
Coa celebración deste torneo escolar, a concellería de Deportes dirixida Natalia Salgueiro (en funcións) quere «dar as grazas especialmente a toda esa xente que unha vez máis demostrou, que cunha pequena aportación, podemonos axudar os uns aos outros» e «felicitar aos membros do clube e clubes do concello de Gondomar pola gran labor que se está a levar a cabo, facendo de Gondomar un referente do Deportivo, polos grandes éxitos alcanzados en cada unha das súas variedades».

Fuente: Concello de Gondomar