#GONDOMAR VII Torneo Escolar Benéfico de Tenis concello de Gondomar

Está organizado polo Club de Tenis Gondomar e o Concello

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o VII Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar o próximo sábado día 6 de xuño, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón de Deportes Chano Piñeiro . Dará comezo ás 09.30 horas e finalizará en torno ás 14.30/ 15.00 horas.

Abrangue as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Todas as categorías son mixtas. Os partidos serán a puntos con servicios alternos, con cadro eliminatorio y de consolación.

Ás 9:30 horas en punto darán comezo os partidos, todo aquel que non se encontre no recinto non poderá participar. Poñerá punto e final á xornada, a entrega de trofeos aos gañadores, merenda e a finalización, regalos para todos os participantes e sorteo de premios.

O prazo de inscrición remata o día 3 de Xuño. Os participantes deberán abonar 3€. Todo o diñeiro recaudado adicarase a campaña «Da el Paso» a beneficio de Desirée Vila. Acéptanse donativos a maiores.

Máis información en
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
e no 680 124 239

Fuente: Concello de Gondomar