Documental «Stelas, as illas próximas» en Nigrán

O próximo mércores 14 de decembro, ás 11:00, no auditorio de Nigrán terá lugar un pase en primicia para a prensa do documental “Stelas, as illas próximas” cunha rolda de prensa posterior para presentar o programa das Xornadas da fin de semana, que organiza o concello de Nigrán.  

 

O programa da fin de semana corresponde a:

Venres, 16 de Decembro.
Hora comezo: 18:00.
Lugar: Auditorio de Nigrán.

-Apertura das xornadas por parte de Juan Antonio González, alcalde de Nigrán.

-Monteferro, visión de 11 artistas. Proxección do traballo artístico do Colectivo Latente.

-Estelas, a porta do vento. Juan Caballero, Xornalista.

-Conservación dos valores naturais das Illas Atlánticas. Vicente Piorno, Técnico de Conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

-A igrexa de San Xoán de Panxón na súa paisaxe altomedieval. José Carlos Sánchez Pardo. (Investigador Ramón y Cajal, área de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela.)

-Xestión dos recursos patrimoniais e turísticos. Gustavo Adolfo Garrido García. Alarife, Instituto pro Patrimonio Galego.

-Proxección do documental  STELAS, as illas próximas. Borja Brun.

 

Sábado, 17 de Decembro.
Hora saída: 11:00.
Lugar de saída: Arco Visigótico de Panxón.

-Andaina interpretativa dos valores naturais e patrimoniais do espazo Estelas-Monteferro.