#GONDOMAR Merenda remate de curso memoria para maiores.

Remate do curso de memoria para maiores de 55 anos do departamento de benestar social do Concello de Gondomar impartido polo centro Lingoreta -logopedia-psocoloxía e pedagoxía.

Os/as 30 participantes no Curso de Memoria de Maiores de 55 anos do Concello de Gondomar, programado a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe a Concelleira Rocío Cambra Castro, e impartido polo CENTRO LINGORETA DE GONDOMAR, participaron nunha pequena “merenda” de fin de curso acompañados/as da profesora que impartíu as clases e da Concelleira.
Este curso tiña como obxecto mellorar a calidade e condicións de vida e axilidade mental das persoas maiores e acadar un mallor desenvolvemento das súas actividades diarias.
A duración do mesmo foi dende Febreiro ata Xuño, en horario de 10:30h, a 11:45h, e de 11:45h, 13:00 en dous turnos , no Centro Neural, dous días a semana, martes e xoves.

 DSC1888

Fuente: Concello de Gondomar