#GONDOMAR Inicio do Campamento de lecer e tempo libre Gondoverán 2017.

Este luns día 3 de Xullo deu incio o Gondoverán, ca presenza do alcalde Paco Ferreira e a Concelleira de Deportes Nuria Lameiro, un programa de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo.

Das 130 solicitudes presentadas un total de 100 rapaces van participar dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo. Gondoverán levarase a cabo durante todo o mes de xullo e terá como sede o CEIP Chano Piñeiro en Gondomar. O seu horario de funcionamento será de 9.00 a 14.00 horas con posibilidade de incorporación de 8.00 a 9.00 horas e de saída de 14.00 a 15.00 horas.

 DSC2775

Fuente: Concello de Gondomar