#GONDOMAR A AD Vincios de tenis de mesa, da superdivisión masculina, clasificado para la ETTU CUP men.

A AD Vincios da máxima categoría masculina do Tenis de Mesa español obtivo esta tempada un éxito sen precedentes ao clasificarse para a ETTU Cup Men, segunda competición europea en importancia despois da Champions League. Nesta competición particiapan 40 equipos europeos.

O equipo gondomareño disputará a primeira fase da competición no mes de setembro en lugar aínda por designar xunto con outros tres equipos europeos. Para elo o club está buscando patrocinadores que axuden a financiar os costes desta competición europea.

 

Os xogadores da AD Vincios Moisés Álvarez, Martín Pintos e Ievgen Pryschepas.

Vincios BMC 02

Fuente: Concello de Gondomar