#GONDOMAR Campaña de vixilancia sobre as zonas de recollida resíduos sólidos urbanos.

A Policía Local de Gondomar ven de presentar ante o alcalde os resultados da súa campaña informativa e de vixilancia sobre as zonas de recollida de resíduos sólidos urbanos. Que presenta a localización dos puntos de vertidos incontrolados repartidos con especial incidencia nas parroquias de Mañufe, Borreiros, Donas, Vincios, Gondomar, Peitieiros e Chaín…

Como resultado desta labor de vixilancia e comunicación coa veciñanza identificáronse cinco persoas responsables destas infraccións contra a Ordenanza municipal reguladora de Medio Ambiente, Limpeza e Convivencia que prevé sancións de ata 3.000 euros para os casos máis graves.
Os vertidos presentan principalmente restos de podas e limpeza de maleza pero tamén atopamos mobles, colchóns e electrodomésticos, así como, nalgún caso, escombros de obra. O informe coa localización destes puntos, potenciais focos infecciosos, está xa a disposición da empresa adxudicataria da recollida do lixo –Geseco- que a partir de mañá farase novamente cargo da súa limpeza.
Manteremos a vixilancia sobre estes puntos e a nosa petición de colaboración aos veciños que será totalmente anónima nos teléfonos deste Corpo: 986389191 – 696998080.
Lembrámoslles que Gondomar ten un Punto Limpo en “Regato de Padróns”, na Pasaxe, Vincios, tfno. 986360125 para os residuos que precisan unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos).

O xefe do Corpo
OBDULIO IGLESIAS OTERO

lixo1

Fuente: Concello de Gondomar