#GONDOMAR Gondomar poderá ter 14.233 oficinas de Turismo.

Este é o obxectivo do Concello de Gondomar ao por en marcha unha aplicación que calquera dos seus habitantes poderá baixar no seu móbil, tablet ou ordenador, para acceder a un grande banco de datos de puntos de interese turístico do noso concello.

A aplicación recolle máis de 70 rexistros turísticos, estruturados en seis grandes eixos: Arquitectura Civil, Arquitectura Relixiosa, Espazos Naturais, Arqueoloxía, Roteiros , e Festas e tradicións.
A prolífica catalogación, unha das máis completas de Galicia, recolle: Pazos, petróglifos, igrexas románicas, pontes románicas, Serra do Galiñeiro, castros, vistas panorámicas, curros, Corpus, festas gastronómicas, … Todos eles son enumerados, localizados e documentados.
Un dos principais activos desta ferramenta é a xeolocalización de todos os puntos de interese turístico, de tal xeito que o usuario poderá coñecer instantaneamente a distancia, o tempo, e a ruta de cada recorrido (a pé, en bicicleta ou en coche) a cada un dos elementos recollidos no catálogo. Pudendo usarse, tamén, o móbil como gps que nos leve ata o punto turístico elixido.
No exhaustivo documentado traballo de recolección no colaboraron activamente tanto Patricia Costas Collazo, Técnica de Turismo, facilitada póla Deputación de Pontevedra. Como o alumno Daniel Rodríguez Estévez,, alumno do IES Terra de Turonio, grazas ao convenio asinado co Ciclo Actividades Físico Deportivas no Medio Natural.
No momento en que se libere o bloqueo presupostario que padece o Concello de Gondomar, incluiremos as 35 rutas de sendeirismo que estudiado, deseñado e perfilado desde a Concellería de Turismo.
Para axudar aos potenciais visitantes esta aplicación tamén identifica puntos do comercio e hostalería local que responden a tres preguntas: Onde comer? Onde durmir? Onde mercar?
Por último non faltan os teléfonos de interese máis socorridos.
A Aplicación está escrita en Galego e Castelán. Na Concellería de Turismo, agardamos tela pronto tamén en Portugués e Inglés, na medida que dispoñamos de recursos.
Esta aplicación estará operativa antes de que remate o mes de Xullo, e o Concello convida e anima aos veciños de Gondomar a que a baixen, que se sintan orgullosos do gran patrimonio que acumulamos, algún de autentica excelencia turística.e sobre todo a que se convertan en Oficinas de Turismo Virtuais, para espallar aos nosos emigrantes, expatriados, visitantes e ao mundo, todo o que nos podemos aportar. Sería un fermoso soño ter 14233 Oficinas de Turismo en Gondomar, unha por cada habitante.
Para o que gusten a información clásica poden ir , a partir do 1 de agosto á oficina de TURISMO GONDOMAR de Luns a Venres 10:00h-13:30h no CDL Gondomar Escolas Vellas Avda. Conde de Gondomar. Polas tardes de 16:00h – 18:30h Oficina de Turismo do Parque da Feira s/n tamén os Sábados na Oficina de Turismo 10:00h-13:30h Parque da Feira s/n.

O concelleiro de comercio e turismo

Xosé Antón Araúxo Rodríguez

 

Fuente: Concello de Gondomar