#GONDOMAR XI Certame fotográfico Viaxando

Espazo xove de tui e as oficinas municipais de informacion xuvenil de o rosal, a guarda, tomiño, salceda de caselas, baiona, gondomar e o porriño organizan o XI Certame fotográfico Viaxando.

PARTICIPANTES E FOTOGRAFÍAS

Participará en concurso único, mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro, presentaranse en papel fotográfico cun tamaño de 20X30, sempre pegadas sobre unha cartolina negra DIN A3.

A fotografía deberá ser orixinal, inédita e non ter sido premiada nin recoñecida ou seleccionada noutros certames. Asemade, deberán estar libres de dereitos que poidan posuír terceiros.
As fotografías nas que aparezan menores de idade concursarán baixo a responsabilidade do autor/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN
A fotografía entregarase en sobre pechado coa indicación VIAXANDO no exterior da mesma. Cada fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor/a e o título da dita fotografía. Acompañaranse con outro sobre pechado co pseudónimo do autor/a escrito por fóra e, no seu interior, os seguintes datos: o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA
As fotografías entregaranse nas instalacións do Espazo Xove de Tui a nas OMIX da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas e O Porriño, nos seus horarios de atención ó público. O prazo rematará o 22 de setembro do 2017.

bases viaxando 2017

 

Fuente: Concello de Gondomar