#GONDOMAR Programa "Cos Pes na Terra" da Escola EU Rural

A ESCOLA EU RURAL é un instrumento da ADR concebido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e aos traballadores e colectivos sociais implicados no medio rural.

A través da ESCOLA EU RURAL programaranse e coordenaranse accións de formación, difusión e sensibilización dirixidas a ampliar o nivel de coñecemento e capacitación da poboación e dos actores locais en materias diversas relacionadas co desenvolvemento rural, como son a produción agraria e forestal, a dinamización e diversificación socioeconómica do territorio, o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación ou a conservación dos recursos e a sostibilidade ambiental.

O programa «Cos Pes na Terra» trátase de actividades de información e demostración promovidas pola entidade ADR MAIV – Baixo Miño, e financiadas ao 75% polo FEADER no Marco do PDR Galicia 2014-2020. Dirixidas a poboación e persoas traballadoras do medio rural e do ámbito agrario, forestal e agroalimentario do territorio da ADR MAIV – Baixo Miño.

As accións desenvolveranse entre agosto e outubro de 2017 e febreiro e marzo de 2018.

Executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona.

Para participar é obrigatorio presentar inscrición previa debidamente cumprimentada para cada unha das acción. Os solicitantes recibirán posteriormente confirmación da súa admisión na actividade solicitada.

Inscricións

21057102 10208329688473821 513976957 o

Fuente: Concello de Gondomar