#GONDOMAR Axudas á conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

Dirixido a persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos/as, que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e, no prazo dos quince días seguintes á súa finalización, subscriban outro contrato coa mesma persoa.

REQUISITOS: entre outros requisitos e condicións:

  • a)-Persoa traballadora autónoma que tivo baixa por maternidade ou paternidade e ter contratada unha persoa desempregada co contrato de interinidade por maternidade ou paternidade;
  • b)-No prazo dos 15 días seguintes á finalización do contrato de interinidade débese realizar coa mesma persoa un contrato de calquera modalidade

CONTÍA DAS AXUDAS: Para a concesión destas axudas destínanse 800.000€
PERÍODO SUBVENCIONABLE: Contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de
2017
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 30 de novembro de 2017
INFORMACIÓN: www.xunta.gal ou no CIM Gondomar

 

Fuente: Concello de Gondomar