#GONDOMAR Construíndo historias non sexistas

Para fomentar a igualdade entre os cativos e cativas, a Concellería desenvolverá o 25 de novembro de 10 a 14 horas o taller de igualdade “Construíndo historias non sexistas” dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 10 anos.

O obradoiro desenvolverase na Casa da Cultura de Gondomar. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no CIM, posto que as prazas serán limitadas.

Fuente: Concello de Gondomar