#BAIONA Baiona festexa o Día Mundial das Abellas celebrando a II Feira Apícola do Val Miñor

O vindeiro domingo 20 de maio é o Día Mundial da Abellas e Baiona celébrao acollendo a II feira apícola do Val Miñor. n

A celebración xa se adiantará ao sábado 19 de maio coa inauguración das xornadas apícolas do Val ás 16:00 h na Capitanía Marítima da Vila. A quenda de intervencións empezará coa primeira charla ás 16:00 h con Gonzalo Calvo, quen falará sobre a causa de mortalidade das colmeas e como evitalas. Ás 17:30 terá lugar a segunda onde Ruth Villar falará sobre o proxecto fotográfico- Cultivar Quen alimenta realmente o mundo? A quenda de intervencións pecharao ás 18:30 h Ignacio Fernández tratando o tema dos produtos das colmeas. n

O domingo, día 20 de maio, terá lugar a Feira Apícola durante toda a xornada, en horario de 10:00 a 20:00 h, no Paseo Riberia. Así, a feira contará coa presenza de apicultores locais que poñerán os seus produtos á venda xunto ao CEE Juan María, que levarán manualidades feitas a base de cera e realizarán un obradoiro de “candeas”, e a Asociación Encaixamos, que venderá mel e doces elaborados con esta substancia. A feira tamén contará coa presenza dun apiterapeuta que explicará as vantaxes deste tratamento con abellas. Ás 18:00 terá lugar a entrega de premios do concurso de debuxos realizado polo alumnado de primaria de diferentes colexios do Val Miñor.n

A II Feira Apícola do Val Miñor está organizada polo Concello de Baiona e AGA(Asociación Galega de Apicultura) Rías Baixas. Conta coa colaboración de ACEBA e os Concellos de Nigrán e Gondomar. n

A celebración do Día Mundial das Abellas ten como obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia das abellas na súa función da polinización polos beneficios que achega á agricultura, ao medioambiente e á alimentación. Esta iniciativa partiu no 2014 da Asociación de Apicultura de Eslovenia, país onde esta data xa está establecida como o Día Nacional das Abellas, e foi apoiada por Apimondia, Federación Internacional de Asociacións Apícolas. O 22 de decembro de 2017 a ONU declarou oficialmente o 20 de maio Día Mundial da Abellas. Trátase dunha celebración internacional para facer difusión sobre a importancia das abellas e reivindicar a súa necesaria protección como gardiás do medio ambiente.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn

n nFuente: Concello de Baiona