#BAIONA O Concello de Baiona organiza a II edición de «Mercado Antigo de Sabaryz» para dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia

O Concello de Baiona xa ten todo preparado para celebrar este domingo, día 27 de maio, a II edición de “Mercado Antigo de Sabaryz” coa intención de dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia. Unha celebración para gozar con toda a familia na que haberá pasacalles, obradoiros infantís, espectáculos e unha infinidade de actuacións, ademais dun recinto con máis de oitenta artesáns e máis dunha vintena de establecementos hostaleiros da parroquia.n “Queremos agradecer a colaboración dos comerciantes de Sabarís que fan posible a posta en escena dun variado mercado con oficios antigos, artesanía e mercadurías da época, postos de comida, exposicións, música, teatro, maxia, talleres, etc. coa intención de rememorar un dos asentamentos de mercadores con máis historia do Val Miñor”, destacou María Iglesias, concelleira de cultura, encargada de organizar a celebración. n n Os actos comezarán as dez da mañá do domingo co disparo de salvas e continuarán cun pasacalle inaugural amenizado polo Grupo de Gaitas “A Seneira” de Baiona. Ás 12:00 horas os seres imaxinarios ao son da música, a cargo de Kepler T& T, serán os protagonistas do mercado facendo pasar un bo intre aos alí presentes e ás 13:00 horas, na Praza Vitoria Cadaval, celebrarase o show do bufón “ Gossip Medieval” da man do cómico Popín Palomero. Ás 16:00 h “A Seneira” volverá realizar un pasacalles polo recinto e ás 17:00 h será o momento da exhibición circense con malabares, acrobacias…Ao longo da tarde continuarán os pasacalles e as actuacións cun show de maxia na Praza Vitoria Cadaval ás 19:00 h a cargo do Meigo Marco. O broche final á xornada poñerase cun espectáculo de lume ás 20.30 h e xa ás 21.00 h seis salvas darán por finalizado o mercado antigo.n n O núcleo central da feira será a Praza Vitoria Cadaval e estenderase tamén a gran parte da Avenida Julián Valverde onde se instalarán máis de 80 postos de artesáns, todos eles con produtos de elaboración propia, e anticuarios. Ademais, máis dunha vintena de establecementos hostaleiros da parroquia instalaranse no mercado e serán os encargados da oferta gastronómica. n Os máis pequenos tamén terán o seu particular espazo de goce no “Mercado Antigo de Sabaryz”. Pola mañá, en horario de, 11:00-14:00 h, e pola tarde de, 16:30-20:30 h, gozarán dos talleres infantís nos que poderán realizar un gran número de actividades lúdicas e creativas. n O edificio do antigo pub” Ou Trasno”, situado na Avenida Julián Valverde, acollerá dúas interesantes mostras: Unha acerca de “Os Oficios Antigos” e outra sobre “O proceso do liño”. Unhas coleccións particulares de Avelino Sierra que conta coa colaboración do empresario Agapito Comesaña Otero. Poderanse visitar en horario de 11:00-14:00 h/ 16:30-20:30 h. n O Concello de Baiona en homenaxe ao Mercado de Sabarís, organizará anualmente unha edición especial de época, rememorando a feira e poñendo en valor a historia, costume e tradición dunha das súas parroquias máis importantes. n Sabarís prepárase así para un dos seus días grandes e desde o Concello de Baiona están disposto a consolidar a cita como a gran festa de Sabarís para por en valor o patrimonio e a cultura desta parroquia baionesa. n Historia do Mercado n A primeira noticia histórica deste mercado remóntase a 1736 onde aparece escrito nun documento antigo, que na ponte de Sabaryz producíanse asentamentos de mercadores e comerciantes, que burlando a Real Provisión que os Reis Católicos concedéranlle a Monte Real en 1497, tentaban vender os seus produtos nos camiños de acceso a Baiona ou agrupándose en lugares como San Antón, El Burgo, a Rúa Real e a ponte de Sabarís, onde eran reiteradamente dispersados e sancionados pola autoridade local.n Non é ata 1838 no que se autoriza e permítese a venda ambulante no devandito emprazamento e o verdadeiro mérito do Mercado de Sabarís está en que desde entón e ininterrompidamente veuse celebrando puntualmente todos os luns ata os nosos días no mesmo lugar.n nn GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn n n nFuente: Concello de Baiona