#GONDOMAR 40 Bolsas para formación teórico-práctico no ámbito da internacionalización empresarial.

O Instituto Galego de promoción económica IGAPE, convoca 40 bolsas para formar a especialistas no ámbito da internacionalización empresarial mediante bolsas de formación práctica en internacionalización con destino en organismos de promoción económica, centros de investigación en empresas de Galicia ou do estranxeiro, etc.

nnnn

REQUISITOS: ter nacido a partir do 1/01/1983, ter nacido ou estar empadroado nun municipio de Galicia, nivel mínimo B1 de inglés falado e escrito, estar dado de alta como demandante de emprego, non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de internacionalización empresarial, ter algunha das seguintes titulacións:
Administración e dirección empresa, Ciencias do transporte e loxística, ciencias económicas e empresariais, ciencias empresariais, ciencias políticas, comercio, comercio exterior, dereito, dirección e creación de empresa, dirección de empresas –BBA, dirección fnancieira e contabilidade, economía, enxeñería, estatística en empresa, marketing e dirección comercial, marketing e investigación mercados, relacións internacionais. Técnico Superior en comercio internacional, outras titulacións universitarias non preferentes que teñan ademais o máster en Comercio internacional .

n

PRAZO: presentación solicitudes ata 26/05/2018 http://www.tramita.igape.es
Informa DOG 25/04/2018

n Fuente: Concello de Gondomar