#GONDOMAR Curso tramitación electrónica

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar inicia a programación de actividades formativas cun Curso de tramitación electrónica de 25h de formación.

nnnn

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, comeza a programación do ano 2018 cun curso de Tramitación Electrónica. Moi pronto, para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións con calquera administración será necesario realizalo a través da tramitación electrónica. Temos que ir un paso por diante e coñecer as novas formas de relacionarnos coa administración. Neste curso de 25h de formación eminentemente práctica aprenderás os requerimentos que necesita o teu ordenador para realizar os trámites electrónicos, coñecerás as distintas identificacións electrónicas existentes, como se realizan as entregas telemáticas de documentos, tramitación de a Factura-e, sinatura dixital e moitos outros trámites do día a día.
Se estás interesado nesta formación terás que inscribirte cubrindo documentación do 19 de febreiro ao 2 de marzo na Oficina Municipal de información Xuvenil (OMIX) , no rexistro do concello ou a través da páxina web do Concello de Gondomar.
O curso será realizado do 7 ao 20 de marzo en horario de tarde de 17:00 a 20:30h , tendo preferencia a xente do Concello de Gondomar con idades entre os 18 e 45 anos.
Para máis información chamar ao 986.369.746.

n

Solicitude Curso  pdf

n

 

n

Autorización pdf

n Fuente: Concello de Gondomar