#GONDOMAR RUA EMIGRANTE PECHADA O TRÁFICO POR OBRAS.

A partir do xoves 26 de abril de 2018 ás 8.00 horas péchase o tráfico rodado na R/ Emigrante da vila de Gondomar debido ás obras de mellora para o tráfico pesado.

nnnn

Por tal motivo, desde a Xefatura da Policía Local establécese un plan de tráfico que define a circulación alternativa a dita rúa pola R/ Pereiras; de tal xeito que pasaremos a habilitar provisionalmente dobre sentido de circulación. Para iso, prohibirase o estacionamento no tramo inferior da R/ Pereiras de acceso á Av. do Conde e no tramo superior de saída cara a Chaín; nos tramos intermedios o estacionamento en batería pasará a ser obrigatoriamente en liña.
As empresas de transporte escolar e de liñas interurbanas de transporte foron informadas persoalmente desde Xefatura.
Solicitámoslle á veciñanza a súa comprensión, as persoas prexudicadas pregámoslles que desculpen as molestias e aos usuarios destas vías que extremen a súa atención.
O tráfico pola R/ Emigrante está programado abrirse á circulación o luns 30 de abril de 2018, a partir das 07.00 horas.
Grazas pola vosa colaboración.

n

Plan de trafico provisional por obras en R. Emigrante

n Fuente: Concello de Gondomar