#GONDOMAR Segundo curso de operador/a de carretillas elevadoras.

A  Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar resolveu por en marcha un segundo curso de operador/a de carretillas elevadoras.

nnnn

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro,   resolveu ante a gran demanda de solicitudes recibidas para realizar o curso de operador/a de carretillas elevadoras levar a cabo un segundo curso, para así, poder  dar resposta a un maior número de mozos e mozas que o solicitaron.

n

De todas as solicitudes recibidas ata o día 8 de marzo do 2018, faráse unha selección para cubrir as prazas dos dous cursos. Un grupo de 15 persoas comezarán do 12 ao 27 de marzo e o outro grupo do 3  ao 18 de abril.

n

Todas as persoas que solicitaron  por rexistro do Concello participar nesta actividade  serán chamados telefonicamente indicándolles se están admitidos ou non e para que data.

n

Con esta aposta queremos dar a oportunidade a un maior número de mozos e mozas de participar nesta formación tan solicitada pola mocidade.

n

 

n Fuente: Concello de Gondomar