#GONDOMAR VALMIEMPREGA AMOSA OS ENCANTOS DO RÍO MIÑOR AOS RAPACES DO CEIP CHANO PIÑEIRO DE GONDOMAR.

O Obradoiro de emprego Valmiemprega II, realizou una visita guiada chamada «De ponte a ponte»,co alumnado de 5º e 6º de primaria do Colexio Chano Piñeiro de Gondomar. O itinerario discorreu á beira do río Miñor. Comezou nas inmediacións do casco urbano polas pasarelas que discorren paralelas ao río ata chegar a Ponte de Mañufe, onde se lles explicou unha introdución sobre Gondomar, a historia da Ponte de Mañufe, a parroquia de Mañufe e o curso do Río Miñor con todos os seus afluentes.

nnnn

Continuou a ruta remontando o río Miñor pola outra beira do río, onde se lles deu unha expliación sobre o bosque de ribeira, propio dos cauces fluviais, coas características da súa flora e da súa fauna.
Unha vez chegado a Gondomar, fíxose unha parada para ver a xunta do Zamáns co Miñor e o Parque da Coelleira na área das Cercas.

Finalizou a ruta na Ponte das Ánimas, onde se lles explicou a importancia histórica da ponte e da antiga calzada que por alí pasaba, facéndose tamén mención á ruta de sendeirismo que actualmente pasa por aquí e leva o mesmo nome que a ponte, a coñecida como «Ruta das Ánimas».

n

IMG 4372

n Fuente: Concello de Gondomar