#BAIONA Baiona lembra aos propietarios das leiras a obrigación de limpar a maleza para previr os incendios antes do 31 de maio

A Concellería de Medio Ambiente do Concello do Baiona puxo en marcha unha campaña de concienciación para lembrar aos propietarios das leiras a obrigación de limpar a maleza e o corte de determinadas especies coas súas distancias correspondentes, como recolle tanto a ordenanza municipal reguladora da limpeza da vexetación dos terreos, como a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais. n

Nun bando do mes de abril o Concello de Baiona informa da obrigación de rozar unha franxa de cincuenta metros desde o linde do terreo con edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais localizadas a menos de 400 metros do monte. Ademais, nos primeiros 30 metros non poderá haber nin piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo. n

Así mesmo, quen sexa propietarios que limiten con entradas a vivendas terán que manter limpa unha franxa de 4metros ou de 6 medidos desde a aresta exterior da cuneta, en función de se na leira teñen plantados frondosas ou piñeiros e/ou eucaliptos. n

Normalmente a xente adoita cumprir coa normativa e mantén as súas leiras limpas, pero sempre hai algunha excepción, e o problema cos terreos adoita estar ligado co propio deixamento dos propietarios. n

Algúns veciños fixeron chegar queixas por este motivo levouse a cabo esta campaña de concienciación coa que se pretende informar e lembrar aos propietarios que deben ter as leiras limpas e que deberán facer os traballos de roza coa periodicidade necesaria» para que non creza a vexetación e haxa risco de incendio. n

Lembran desde o consistorio baionés que esta obrigación está recollida tanto na ordenanza municipal, como na normativa específica da Xunta de Galicia. n

Precisamente esta normativa autonómica é a que establece o 31 de maio como data máxima para a limpeza. No suposto de incumprimento das obrigacións por parte das persoas responsables poderáselles notificar a súa obrigación de xestión da biomasa vexetal, advertíndolles da posibilidade da execución subsidiaria en casa de incumprimento e sen prexuízo de instrución do procedemento sancionador que corresponda e de aplicación de multas coercitivas, se é o caso, segundo o procedemento establecido no artigo da mencionada lei de incendios. n

Desde o Concello pedimos a colaboración dos nosos veciños para que entre todos manteñamos os terreos e o monte en bo estado para que non se dean circunstancias como as do pasado mes de outubro.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn nFuente: Concello de Baiona