#BAIONA Baiona saca a concurso os chiringuitos e o servizo de tumbonas a uns prezos moi asequibles

O Concello de Baiona abriu o concurso público para a adxudicación da explotación dos servizos de tempada de verán nas praias do municipio. Trátase de tres lotes que inclúen a explotación de quiosco, terraza e tumbonas, nas praias da Ribeira, A Concheira, e A Ladeira. O lote da praia de Santa Marta non saíu a concurso polo seu prorrogou a contratación do ano pasado.n

O Concello de Baiona ha fixo uns prezos mínimos ao canon municipal de ocupación do dominio público marítimo terrestre. Así o canon para pagar por un quiosco son 480 euros, 8 OO pola terraza e 600 polas tumbonas, este último prezo será de 750 euros para a Praia Ladeira dado que albergará un maior número de hamacas. A estas cantidades haberá que sumar a taxa de Costas para cada unha das praias. nDesde o Concello se aposta por estes prezos tan rebaixados para que o concurso resulte atractivo e reciba varias ofertas. Ademais, o prego de condicións déixaos en cantidades moi alcanzables e ademais o procedemento de adxudicación será o procedemento aberto, no que o empresario interesado poderá presentar unha proposición por cada un dos lotes.nOs aspirantes optarán explotar os negocios desde o 1 de xullo ata o 31 de outubro. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de maio.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnnn nFuente: Concello de Baiona