#BAIONA Homenaxe María Vitoria Moreno en Baiona coa adaptación de » Anognórise» de Limiar Teatro no Auditorio V Centenario

O Auditorio V Centenario de Baiona acolle ás 20 horas do sábado 2 de xuño a representación de “ Anagnórise”, baséase nunha das obras máis coñecidas de María Vitoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.n

Esta representación de Limiar Teatro, indicada para público maior de 14 anos, forma parte da programación teatral que, baixo o título “María Vitoria Moreno a escena!”, o departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todos os concellos da provincia de Pontevedra.nA adaptación, realizada pola compañía Limiar Teatro e producida por Galaxia Editorial, poñen arriba das táboas historia de Nicolau, un mozo que decide fuxir a Madrid facendo autostop, e de Xulia, a muller que o recolle no seu vehículo. O escenario sitúase, aparentemente, nun despezamento no que dous actores van facendo un percorrido trepidante polos elementos máis salientables que conforman a road movie que constitúe a obra orixinal, desde a primeira parada para tomar o polbo ata o último café en Madrid. Este percorrido está fiado cunha proposta escénica pouco común, baseada en mapping audiovisual, música en directo, lectura de fragmentos da obra, xogos nos que se precisa a participación e a complicidade do público, e grandes doses de humor.nO atractivo da adaptación de ‘ Anagnórise’ realizada reside na confluencia entre elementos totalmente contemporáneos e procedentes da cultura dos mass media, como os concursos televisivos, a música de moda ou grandes éxitos do cinema comercial de Hollywood, postos ao servizo dos valores que defende María Vitoria Moreno na súa obra, como son a busca do amor, a comprensión entre as persoas, a igualdade de xénero, e a necesidade de asumir a perda e afrontar a frustración. nHai que lembrar que ‘ Anagnórise’ fora publicada en 1988 e foi seleccionada para a lista de honra da IBBY en 1990. Desde entón, vendéronse milleiros de exemplares converténdose na obra de maior éxito comercial de María Vitoria Moreno.nO cartel de “María Vitoria Moreno a escena!”, ademais de “ Anagnórise”, inclúe inclúe “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”coa que Matrioshka Teatro homenaxea a vida e a traxectoria da autora. Ambas as propostas están indicadas para público maior de 14 anos.nPara público familiar contempla “Mar adiante” adaptada por Odaiko Teatro; “Romance de cans” de Viravolta Monicreques – Seisdedos, baseado no conto “Can branco, can negro”; “ Unha historia de amor. Homenaxe a María Vitoria Moreno”, un contacontos ilustrado para público familiar a cargo do colectivo ‘Polo correo do vento’; e a adaptación de “Leonardo e vos fontaneiros”, producida tamén pola Editorial Galaxia e que poñen en escena Ubu Teatro.n n nFuente: Concello de Baiona