#BAIONA O Concello de Baiona inaugura mañá ” Unha mirada de antano” a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia

Mañá xoves, día 14 de xuño, a Capitanía Marítima de Baiona acolle a inauguración e unha visita guiada pola mostra fotográfica « Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia».n

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante fose do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderá visitarse do 14 de xuño ao 15 de xullo na Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen, 20), de luns a domingo en horario de 19.00 a 22.00 h. nA EXPOSICIÓNn« Unha mirada de outrora. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta setenta imaxes, entre as que se atopa algunha instantánea da Real Vila, que constitúen un completo relato documental dunha época de transición debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man dos intelectuais do grupo Nós. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións —a primeira, acompañada do seu pai entre 1924 e 1925, e a segunda, coa súa compañeira investigadora na Hispanic Society, Frances Spalding, entre 1925 e 1926—.nEsta exposición forma parte do programa estratéxico da área de Cultura de Afundación que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. A colaboración de ABANCA, institución que comparte esta premisa dinamizadora do coñecemento, posibilita que o legado fotográfico de Anderson poida ser contemplado en Galicia. O seu traballo asentou a metodoloxía investigadora que habería de adoptar The Hispanic Society of America, que, durante o pasado ano, expuxo unha selección dos seus fondos no Museo Nacional do Prado. n

O Concello de Baiona asinou un convenio con ABANCA e Afundación grazas ao cal poderá acoller dita mostra fotográfica.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA n

nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn nFuente: Concello de Baiona