#BAIONA O III Ciclo de Conferencias sobre Benestar e Saúde chega ao seu fin cun relatorio acerca de “Como vivir sen ansiolíticos nin antidepresivos”

O vindeiro venres, día 22 de xuño, o auditorio da Casa da Navegación acollerá ás 19:30 h unha conferencia que ten por título “Como vivir sen ansiolíticos nin antidepresivos” impartida pola psicóloga Dª. Ruth Rokiski. Por motivos de axenda da relatora cambiouse de data pasando do venres 15 ao 22. nA doutora profundará nas diferentes causas que desenvolven a ansiedade e a depresión. Explicará alternativas a toma de medicación “ psicofarmacológica” para superar os retos aos que nos temos que enfrontar na vida e que nos fan enfermar psicoloxicamente. Así mesmo, ensinará trucos sinxelos para identificar o modelo de personalidade de cada individuo e que lle impide sentirse libre. nEste relatorio pon fin ao III Ciclo de Conferencias sobre Benestar e Saúde, no que se enmarca a actividade do venres, no que, durante 6 meses, 6 profesionais de diferentes disciplinas da saúde achegasen e comparten coñecementos acerca de estratexias e recomendacións que contribúan a mellorar o noso benestar. nDirixidas a toda a poboación, e especialmente ao colectivo de persoas adultas, as conferencias xestiónanse cun obxectivo claro, contribuír a unha educación para a saúde que oriente ás persoas asistentes para alcanzar unha vida máis saudable a través de contidos e pautas de acción. nPor terceiro ano consecutivo o Concello de Baiona, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, apostou pola divulgación científica que contribúe a dar pautas de prevención no ámbito da saúde e o benestar.n

nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona