#BAIONA O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para solicitar axuda ao aluguer do novo Plan Estatal de Vivenda

O Concello de Baiona informa de que xa se poden solicitar as axudas ao aluguer do novo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Os interesados terán de prazo para presentar a documentación ata o próximo 30 de xullo. Estas subvencións concederanse por un período de tres anos, aínda que haberá que solicitar anualmente unha prórroga e acreditar que se cumpren os requisitos. A axuda será do 40 por cento da renda mensual. No caso dos maiores de 65 anos e os mozos custearase ata o 50 por cento do prezo do aluguer.nnEn todo caso, hai un límite máximo de renda. No caso de Galicia, o tope sitúase en 500 euros nas cidades, 400 nas vilas e 300 euros no resto de concellos do rural. Esta liña de subvencións conta cun financiamento de 14,8 millóns de euros que permitirá beneficiar a 4.200 familias. nAxudas para alugar en Galicia: quen pode pedila?nHaberá dúas liñas de axuda:n• Liña A: axuda ao aluguer de vivenda para sectores de poboación con escasos recursos mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas. Máis información e tramitación de solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, mediante cita previa no teléfono 986385926. n•Liña B: axuda á mocidade para o aluguer da vivenda habitual e permanente. Está dirixida a menores de 35 anos con escasos medios económicos. Máis información e tramitación de solicitudes na OMIX do Concello de Baiona, mediante cita previa no teléfono 986385925.
nCanto aluguer páganme as axudas?nLiña A: Será do 40 por cento da renda mensual, salvo para as persoas que teñan máis de 65 anos que recibirán unha axuda de ata o 50 por cento do aluguer.nLiña B: Para os mozos a subvención será do 50 por cento.nRequisitos para pedir a axuda ao aluguer en Galician• É requisito imprescindible que a vivenda alugada sexa a residencia habitual e permanente dos beneficiarios das axudas.n• Os solicitantes deberán acreditar que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia están comprendidos no intervalo entre 0,7 e 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples ( IPREM), é dicir, non superar os 1.344 euros mensuais. Pero haberá excepcións. As familias numerosas de categoría xeral ou persoas con determinadas discapacidades terán un límite máximo de ingresos de catro veces o IPREM. Se son familias numerosas de categoría especial elévase a cinco veces o IPREM.nAs axudas cobraranse con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2018. Para os alugueres que se asinasen a posteriori, pagarase desde a data do contrato de arrendamento.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnnn nFuente: Concello de Baiona