#BAIONA A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona organiza un divertido taller de percusión con materiais reciclados

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona comeza a tempada con distintas actividades. A primeira delas terá lugar o vindeiro mércores, 19 de setembro, e será un taller único creado para promover a expresión a través dunha das disciplinas musicais máis emocionantes. Trátase dun taller de percusión con materiais reciclados dirixidos a nenos e nenas de tres a sete anos. nA través desta actividade os participantes explorarán distintos sons e ritmos, e traballaranse de maneira individual e grupal as habilidades auditivas, sensoriais e rítmicas dunha maneira lúdica e distendida, ao mesmo tempo que se creará conciencia respecto ao medio ambiente, xa que unha das partes máis innovadoras deste taller é que o material utilizado é na súa totalidade reciclado: latas de alimentos, envases de bebidas, cubos, paus de escobas, xogo de cubertos…aprendendo que calquera obxecto pode ter unha segunda vida útil .nUnha actividade divertida chea de ritmo onde tamén se inculcan valores importantes sobre como coidar o medioambiente e aproveitar e reutilizar os residuos. Os máis pequenos explorarán novos sons e efectos sonoros con instrumentos do máis orixinais. nO taller é gratuíto e as prazas son limitadas polos que será necesaria a inscrición previa no teléfono 986 35 59 43 ou na propia Biblioteca. Levarase a cabo en horario de seis a sete da tarde no recentemente inaugurado edificio que alberga a Biblioteca Pública Municipal e o Arquivo Histórico do Concello de Baiona.nGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgnn

nFuente: Concello de Baiona