#BAIONA O Concello de Baiona abre o prazo para a instalación de postos na Romería de San Cosme e San Damián

O Concello de Baiona abre mañá o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián.nCase un centenar de postos de venda (produtos do campo, comida, artesanía e plantas) poderán instalarse este ano nunha nova edición da Festa do Mel e das Noces de Baiona, organizada pola Concellería de Cultura para manter viva as tradicións e costumes da Vila durante a Romaría de San Cosme e San Damián. O prazo de solicitudes abrirase mañá e pecharase o próximo 21 de setembro. A solitud e a declaración xurada pódese descargar da páxina web do concello www.baiona.orgn(para máis información poñerse en contacto no número de teléfono 986385921).nEntre o 25 e o 26 de setembro, este último festivo local en Baiona, ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.nDurante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado estenderase tamén por cálea Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.nAdemais, o mercado será amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles. As festas comezarán o martes ás 11:00 horas coa tirada de lumes e as 18:00 horas levará a cabo un pasacalles a cargo do grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña polo Recinto de Santa Liberata. nO mércores día 26, día principal da romaría e festivo local, haberá misas ás 8 e 9 da mañá na capela de Santa Liberata. Ás 11:00 horas e, tras a tirada de bombas de palenque, sairá a procesión que percorrerá as rúas do casco antigo, acompañada polo grupo de gaitas “A Seneira” de Baiona e a continuación ás 12:00 h, terá lugar a misa solemne. Ás 13:00 h e ás 19:00 está previsto que actúe novamente o grupo de gaitas “A Seneira” e a escola de danza “Vila de Baiona” no recinto de Santa Liberata. As misas na Excolegiata serán ás 10:00, 12:00 (Solemne), 18:00 e 20:00 h.nn– BASESnn– SOLICITUDE DE POSTOn- DECLARACIÓN RESPONSABLEnGABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA nREALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZgabinetedeprensa@baiona.orgn

nFuente: Concello de Baiona